Apéndice
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
d) A deliberación e establecemento da opinión oficial da Real Academia Galega. e) A revisión e aprobación da publicación dos libros que leven o selo da Academia. f) A creación, modificación ou supresión de Seccións, Seminarios e demais grupos de traballo. g) A aprobación dos orzamentos e das contas anuais da Academia. h) A aprobación do informe oficial anual da Comisión Executiva na primeira sesión do ano seguinte. i) A determinación das cantidades que deberán percibilos membros da Academia polas funcións que se lle encomenden. l) A proposta de reforma dos Estatutos da Academia e maila reforma do Regulamento de Réxime Interno. m) O establecemento das normas de protocolo e ceremonial e calquera outra cuestión de interese xeral. Artigo 34 As discusións académicas deberán versar exclusivamente sobre asuntos propios da Academia. O presidente velará porque as discusións se manteñan na obxectividade e no recíproco respecto persoal. O presidente poderá declarar previamente importante un asunto da orde do día e, nese caso, en primeira convocatoria, para a validez dos acordos será necesaria a asistencia da terceira parte dos académicos de número e que vote a metade máis un do total de académicos; e maioría simple en segunda convocatoria. Tratándose de asuntos non declarados importantes, abondará que o pida un académico de número para que queden sobre a mesa ata a sesión seguinte. O presidente dará por suficientemente discutido un asunto cando as sucesivas intervencións non acheguen argumentos novos. Artigo 35 a) As votacións do Plenario serán secretas a non ser que, por tratarse dun asunto menor, ocasionalmente o Plenario acorde, por unanimidade, facelo a man alzada. Para a validez dos acordos abondará coa maioría simple de votos favorables á proposta, a non ser nos casos previstos nos Estatutos ou neste propio Regulamento en que se esixa outro tipo de maioría. No caso de que existan máis de dúas propostas alternativas, as dúas máis votadas pasarán a unha segunda votación que se resolverá polo mesmo procedemento. Cando nunha votación se produza empate, decidirá o presidente se o cree oportuno; ende non, procederase a unha nova votación e, se resultase outra vez empate, repetirase a votación na Xunta seguinte, previa nova discusión, na cal só poderá tomar parte un académico en pro e outro en contra. Se nesta segunda volta tamén se producir empate e o asunto for de carácter económico ou de interese para a Corporación, o presidente decidirá co seu voto; noutro caso rexeitarase o asunto. b) A asistencia ós Plenarios é obrigatoria para os académicos numerarios e o voto é
353
Nº 362