BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Manuel Curros Enríquez
hastra ese nome negaron, porque arrolar nunca soupo o sono vil dos tiranos; porque despertaba aos pobos cos seus alegres recramos i agoiraba auroras novas que xa están alborexando; ? (vv. 3550, 939940)
Mais se esta presencia ou patentización do eu no rol cultural de poeta resulta importante, e moito nos ilustra sobre os postulados currosianos, non teñen menor interese as súas figuracións actoriais marcadas polo rol familiar. Nese cadro, a súa figura de pai é moi positiva en ?Ben chegado?, pois o fillo que se agarda síntese (?fillo da miña alma?) como unha poderosa forza vivificadora capaz de arredar a ?triste noite escura? na que o suxeito habita. Todo se vive, nese intre de agarda (?do seu primeiro fillo a vos primeira?), con atributos de plenitude (?mundo de ilusiós e de contento?, ?o batido / do corazón, de amor estremecido?), e ata ?as maternás doores? da muller a nai, o seu tormento, os seus suspiros de amargura, fan agromar dos seus beizos un lucidío sinal de ?celestial ventura?, un anuncio de feliz feitizo que o día traerá para os dous. Estaríamos neste caso, xa que logo, nun definido proceso de adquisición, coa seguinte articulación17:
eixo do desexo P (A) [(S1 : ADX ) pai muller (S1 ? O)]
conxunción
paifillo que chega
Esta ilusionada positividade da adquisición ten o seu contrapunto negativo en "¡Ai?!", o poema dedicado á morte do seu terceiro fillo Leopoldo (1879), exemplificándose agora, nesta mostra, un proceso de perda:
eixo da privación P(P) [S1 pai (S1 u O)]
disxunción
pai sen o fillo
Poema, polo demáis, de dramática intensidade, no que ese motivo da morte está modulado, temáticamente, sobre catro medidas notas que quedan abertas coa tensión da
Nº 362
180