Documentación
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
documentación en papel, mentres que o folio 1 ro segue sendo contraportada. Pergamiño e documentos en papel están cosidos en posición invertida e, polo tanto, en contraria posición de lectura. Na marxe inferior de 2 vo e en dirección contraria de escritura hai un palimpsesto do século XVI, que di
Apeo de la hacienda delbina y palabea de la hacienda [de] don diego parragués delas marinas \(¿por.. es?) rrecompensa co[to] de Tra por Ba.
[ Outra letra] [ Outra letra] CO7 ALBINA ANO 1532
Este apeo se hizo 50 años antes de la concordia con don diego de las mariñas despues le entrego [¿...?] para cumplimiento de la concordia qdo entregó los bienes al C[onbento?] fue año de 1582
Os textos dese apeo e concordia están en castelán, aínda que coido que son de interese non só histórico, senón mesmo lingüístico, porque, se non leo mal, aínda conteñen sintagmas galegos coma estes:
...e entesta eno camiño françés ...que se demarca do camiño que bai para la yglesia ...que faz a cruz no camino frances ...del camino frances que bai para Acoruña
Dolores Barral xa coñeceu en Salamanca unha copia destes documentos e publicou unha parte \(BARRAL 1998:340\). Queda con isto noticia destoutra documentación coruñesa para estudiosos do século XVI ou dos dominicos galegos. 1.4 ¿Un misal obsoleto no XVI? Que esta reliquia dun misal manuscrito se conservase como carpeta de documentos do século XVI, fai pensar que nesa data o pergamiño litúrxico tiña que ser algo que o encadernador consideraba xa anticuado e carente de valor, ata o punto de rabenarlle sete centímetros da súa parte superior \(que na encadernación pasa a sela inferior, polo explicado anteriormente\). Que nun convento dominico do século XVI resultase obsoleto un texto litúrxico, que aínda se segue utilizando nas catedrais e mosteiros no inicio do século XXI e que o tal encadernador8 sexa verosimilmente o arquiveiro dun convento dominico \(no texto fálase reiteradamente de convento\), só se explica pola efectiva exiseste tencia de características técnicas obsoletas no XVI e que habemos ver.
273
Nº 362