BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Documentación
pergamiños similares e lixeiramente posteriores que conserva a Real Academia Galega2 3\), nos que o texto xa está a dúas columnas \(como é frecuente nos libros litúrxicos aquí o texto está disposto aproveitando ó máximo o material, a unha columna e sen deixar espacios en branco entre parágrafos de distinto tipo, ata o punto de que, ás veces, o principio ou o final dun parágrafo incrústanse no parágrafo contiguo \(1,4254 e 2,5356\) dificultándolle a lectura a quen non coñeza estes andares dos copistas: a dificultade levoume a trazar na miña transcripción unhas liñas separadoras que axuden o lector na comprensión do texto. Neste manuscrito austero pero digno, parece percibirse unha certa vontade (ou necesidade) de economizar. Non estou en condicións de dicir se orixinalmente isto era o habitual quaternio de 16 páxinas; o que si podo dicir é que entre 1vo e 2 ro falta texto que verosimilmente ocupaba outras catro páxinas. Os dous folios do códice foron orixinalmente páxinas dun missale plenarium4 que corresponden a dous días case consecutivos do inicio da Coresma. O primeiro folio ten texto e música da Feria quinta post cineres, é dicir, xoves seguinte ó mércores de cinza, e principio da feria VI. O segundo folio contén texto e música da I Dominica in Quadragesima ata o evanxeo que xa aparece incompleto. Como se ve, o texto do primeiro folio non continúa no segundo, porque falta entre eles case todo o texto litúrxico da Feria VI e mais todo o do Sabbatum post Cineres. Podemos supoñer, logo, con seguridade que o texto que falta ocupaba outro díptico das mesmas dimensións. A misa do xoves contén a Oratio super populum, na que o sacerdote xa non reza en primeira de plural co pobo, senón que reza polo pobo: esta oración que no século VI aínda existía en tódalas misas, foi desaparecendo e no sacramentario gregoriano \(séculos VIIVIII\) xa o teñen unicamente as misas de coresma \(GARRIDOPASCUAL 1961:364\). Seguía en uso nos misais anteriores ó concilio Vaticano II pero non a vexo nos posteriores. 1.3 A documentación do século XVI do convento de san Domingos da Coruña Este díptico en pergamiño foi reutilizado no século XVI como carpeta encadernadora de documentos de propiedades do convento de san Domingos da Coruña5. En 1536 este convento fixo un apeo das súas propiedades, consignando lindeiros e foreiros, e cincuenta anos despois, en 1586, asinou perante o notario Alonso de Zela unha escritura de concordia ou troco con Diego Parragués das Mariñas pola que este daba ó convento as propiedades que tiña na freguesía de San Viçenço de Albiña /Elviña e Palabea, Santa María de Oza e San Cristobo das Viñas, e o Convento cedíalle a don Diego o seu Couto de Traba, en Bergantiños e outro Couto polo que tiñan litixio6. O apeo e maila concordia están en 31 folios de papel das dimensións actuais do pergamiño. Posteriormente coséuselle outro feixe de 12 folios en papel por diante da portada, con reclamacións posteriores á concordia, co que o pergamiño folio 2 vo, que inicialmente fixo de portada, actúa agora como separador de documentos no interior da
Nº 362
272