BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
hoxe a atopar o seu histórico camiño?. Nesta ?salutatio?, Camilo José Cela, ó referirse a Galicia, lembra e cita unhas palabras de Celso Emilio Ferreiro: ?a terra máis fermosa e desgraciada do mundo?. En canto á presente edición de ?Breves consideracións encol da lingua galega?, a primeira, seguímolo texto obrante na Academia, o único, hoxe por hoxe, coñecido. Cónstanos que non existe copia na Fundación Camilo José Cela, institución que foi interrogada ?ad hoc?. Feita unha indagación por don Darío Villanueva Prieto ante don Fernando Huarte Mortón, o ilustre bibliógrafo persoal de Cela confesou non ter noticia de que existan copias ou outros textos do discurso de 1980. Por conseguinte, a Real Academia Galega ofrece ós lectores o texto que obra nos seus arquivos. Limpámolo de grallas e doutros ?ruídos?. A lingua e, mesmo, case sempre, as grafías, son as do ?autor?. Ofrecemos tamén cos mesmos criterios ecdóticos a resposta de Domingo GarcíaSabell, Presidente da Academia naquelas datas. É a resposta ós dous académicos de Honra: a Camilo José Cela e ó profesor Josep M. Piel. Infelizmente, o texto do ilustre profesor non obra na nosa institución. En realidade como precisa La Voz de Galicia ó día seguinte, o sabio investigador tivo que improvisar unhas palabras no acto da Coruña pois deixou esquecido en Santiago o ?discurso academicamente elaborado?.
X. A. M.
Nº 364
334