Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
O traductor, no eido estrictamente gramatical o do infinitivo conxugado, por exemploé servil coa formulación castelá (?... convenciones establecidas por los hombres con el razonable propósito de entenderse? ?convencións establecidas polos homes co razonable propósito de entenderse? (inmellorable ocasión para traducir ?entendérense?). Cómpre aclarar, sen embargo, que máis dunha vez o traductor fai esforzos loables á hora de ofrecer solucións galegas que non desvirtúan a formulación orixinal: ?amena charla? ?ameno parladoiro?; ?se agazapa? ?atóbase?... Como se dixo, non escasean as palabras chatadas e as corrixidas á man, o que podería facernos pensar que Cela tan pouco afeito a ler en galego publicamente tiña razóns para rexeitar texto tan pouco limpo. Alén diso, contiña grallas que só un experto subsanaría sobre a marcha (?púsexen? por ?puxesen?). Xa aquí, cómpre sinalar que Cela el , sen dúbida introduciu no texto de 1968 algunhas leves modificacións. Leves e todo, permítennos afirmar que o autor, moi consciente da ocasión e da institución, intentou axeitalo a aquela situación; intentou, nalgúns contidos, ?galeguizalo?. Nun parágrafo advertimos este lixeiro e significativo cambio: ?... lo que viene llamándose lenguaje natural u ordinario o lingua el latín, el español, el inglés, el catalán? ... o latín, o galego, o castelán, o inglés, o francés...?. Páxinas despois, inicia un parágrafo así: ?Razones muy minúsculamentemente políticas parecen ser el motor que impulsa e impulsó a nuestra lengua española...?. O último sintagma convértese, na traducción, en ?a nosa lingua galega?. Algo despois omite, consecuentemente, a expresión ?eufemismos del castellano?, expresión que pertence a unhas liñas existentes na edición castelá de 1981 e non á de 1968, o que proba que en 1980 o traductor utilizaba un texto impreso ou non posterior ó de 1968. Cara ó final do discurso académico evita exemplos lingüísticos do castelán (?culo?, ?puta?) para manterse nas xeneralidades. O discurso está finalizando, pois, concibido como un prólogo do Diccionario secreto (do castelán, fundamentalmente), a partir de agora, ese estudio preliminar aduce exemplos lingüísticos e autoridades que non canxan cun discurso escrito ?para? a Academia Galega. A lingua galega tamén aparece mencionada e gavada nas liñas finais da oración académica.
Non digo coanto queda dito e veño decindo si non é con todo respeto e consideración e co prego aos meus ouvintes de que se sirvan sopesar todo o moito amor que sinto e proclamo hacia o galego: a noble lingua na que hoxe e con non pouco esforzo me teño permitido expresarme diante de tan noble senado e tan ilustre corporación.
Por certo, este breve parágrafo tamén existe nas edicións de 1968 e 1981 (?No digo cuanto queda dicho...?), pero, nestas, a gabanza ten, como destinataria, outra lingua: ?... el castellano: la lengua en que a Cervantes al decir de don Miguel de Unamuno Dios le dio el Evangelio del Quijote?. Novo é, como cabía sospeitar, o parágrafo inicial do discurso (once liñas) no que agradece a distinción e no que formula a esperanza ?de que Galicia... teña escomenzado
333 Nº 364