BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
go sobre o que se teñen debruzado, como é ben sabido, moitos especialistas na arte de preguntar se o signo lingüístico é natural ou é convencional. Nos primeiros parágrafos, Cela transita con soltura polas páxinas do inmortal diálogo platónico. O autor, logo, lembra tres versos, moi socorridos, da Ars poetica de Horacio sobre o uso lingüístico (xuíz e norma do falar), cuestión sobre a que Cela discorre sen servilismo ós postulados do ilustre clásico. Virán logo referencias a Max Scheler, Saussure e algunha outra, sempre feitas con tino. A parte final é unha disertación sobre as voces ?non sanctas?, tan presentes sempre na teoría e na praxe do noso autor. Como discurso, para ingresar honorariamente na Academia Galega, está moi lonxe de ser un discurso de circunstancias; é un discurso profesional digno da institución filolóxica que acolle a Cela no seu seo. Isto deberon pensar, sen dúbida, as persoas que asistiron o 26 de xaneiro de 1980 ó solemne acto académico na Coruña. O texto, sen embargo, non era novo, xa o publicara en 1968 como prólogo do Diccionario secreto (Madrid, Alfaguara, vol. I). Cómpre aclarar que ese estudio preliminar é moito máis extenso (28 páxinas), das que o discurso académico só reproduce algunhas, as primeiras. Unha boa parte do prólogo reprodúceo en 1981 no seu libro Los vasos comunicantes (Barcelona, Bruguera) co título ?Teoría de la lengua?, ensaio que omite, loxicamente, as últimas páxinas, referidas a aspectos concretos do Diccionario. Todo fai supoñer, pois, que Cela estaba moi satisfeito desta ?teoría da lingua?, tanto que, despois de 1981, ofrécea como conferencia en varias ocasións e lugares e mesmo está presente, moi presente, en Elogio de la fábula, discurso que pronunciou en Estocolmo, o 1 de decembro de 1989, no acto en que recibiu o Premio Nobel de Literatura. Así pois, as páxinas que ofrece á Academia Galega en xaneiro de 1980 son páxinas polas que o autor tiña unha alta estima intelectual. Son páxinas que Cela, nesta ocasión, ofrece e le en galego, ?con non pouco esforzo?, como subliña ó final do discurso. O que terán que dilucidar, no futuro, os estudiosos é se estamos ante un texto traducido por man allea ou por man propia. Aínda neste caso, Cela tivo que contar coa colaboración dalguén. No caso de que fose traducido por outra persoa, non sería arriscado pensar na mesma, quizais Juan Naya Pérez, bibliotecario da Academia nestas datas e persoa que resolvía moitos problemas internos e prácticos na institución. Quen cotexe o texto do prólogo do Diccionario secreto (1968) con este discurso académico, ?Breves consideracións encol da lingua? (1980), decátase axiña de que é unha traducción, con frecuencia bastante literal, o que proba que Cela se el o escribiu en galego non construíu o texto á marxe do de 1968. É tan literal, ás veces, que atopamos solucións como estas: ?machihembrado? ?machihembrado?; ?orégano? ?ourégano?; ?tablarrasa? ?tablarrasa?... É certo que o traductor quen queira que fose algunhas veces esfórzase en ofrecer solucións galegas moi diferentes das castelás, o que o leva, en ocasións, a coloquialismos desaxeitados (?cachola? por ?cabeza?), a imprecisións (?nidio? por ?diáfano?) ou a voces cuestionables (?ren científico? por ?nada científico?).
Nº 364 332