Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
darme la razón. Pero para eso, para tener razón algún día, debo portarme bien, debo seguir portándome bien. Tú y Paco del Riego, y los Álvarez Blázquez, y tantos y tantos más, sabéis que estoy aún desde lejos en el buen camino. Los demás, los eternos ordeñadores de la pródiga ubre del favor oficial, ni me importan. Con vosotros me gustaría tener más contacto, pero para ello sería necesaria mi presencia en Galicia, y para regresar al país me faltan, por lo menos, siete años. No olvides que soy un emigrante y que, como tal, debo cubrir las etapas previstas de antemano, antes de volver a la tierra en que nací (1911960).
Digan o que digan os analistas deste parágrafo, non alleo a certos modos da retórica celiana, esta carta e a anterior sinala un interese e mesmo, un compromiso con Galicia e a súa cultura que os estudiosos do futuro terán que examinar con moito tino. Porque ata o presente ninguén ten examinado a fondo a relación de Camilo José Cela coa lingua do seu país, unha relación pródiga en manifestacións da máis diversa índole. Son tantas e tales estas manifestacións que non se comprende ben por qué non existe esa monografía, tratándose como é o caso dunha personalidade literaria tan importante e tan presente, cando non clamorosa, nos escenarios públicos durante seis décadas. Outros académicos de Honra da nosa institución desde Francisco Franco ó bispo Leopoldo Eijo Garay están a anos luz na actitude e no labor letrado de Camilo José Cela. Aínda así, a pertenza de Cela á nosa Academia, hai que situala e entendela no organigrama daquel tempo e das características daquela corporación. *** A Academia entende como unha obriga dar a coñecelo discurso lido por Camilo José Cela o 26 de xaneiro de 1980 en sesión solemne e pública celebrada na sede da institución. Nesa sesión, tamén accedeu á súa condición de académico de Honra o eminente lingüista Joseph M. Piel, profesor como subliñou o Presidente, Domingo GarcíaSabell que ?leva consumidos longos anos da súa vida no estudo e na pescuda filolóxica da Toponimia e da Onomástica galega e galegoportuguesa?. A oración académica titulada ?Breves consideracións encol da lingua?, consta, no texto mecanografado obrante nos arquivos da nosa institución, de nove folios a dous espacios nos que, aquí e alí, hai correccións manuscritas feitas con criterio descastelanizador (Hermoxenes, descabellado...). Non escasean as chataduras e outro tipo de correccións mínimas que converten este texto nun texto pouco limpo e non moi axeitado para ser lido en público por quen tiña pouca práctica de lectura pública de textos galegos. Non posuímos outro texto, pero foi este, sen dúbida, o lido polo autor e non outro máis ou menos distinto. Para chegarmos a esta conclusión abonda con cotexar atentamente os folios mecanografados coa extensa reseña publicada, ó día seguinte, por La Voz de Galicia, reseña que reproduce ?ad litteram? varios importantes parágrafos. O texto é unha reflexión sobre a linguaxe e a lingua que non rexeitaría un profesor destas materias. Iníciase cunha referencia a Platón, concretamente ó seu Cratilo, diálo331 Nº 364