Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
O escritor Cela tiña claro que veu ó mundo para realizarse, como ValleInclán, en lingua castelá, pero, como vive en tempos posteriores, con máis discurso literario en galego que na época do primeiro Valle, Cela emite xestos a favor do galego literario insospeitables no autor das Sonatas. Eses xestos favorables (declaracións incluídas) teñen, antes de 1975, (polo feito de facérense) un certo carácter antifranquista, carácter que Cela (dito sexa coa debida consideración) coidou e administrou con moito tino nos últimos anos do Dictador. Como dixo alguén, Cela foi sempre un intelixente estratega da súa obra. Prodiga xestos e actos desa índole a partir de 1975, pero non o fai ó chou. O 26 de xaneiro de 1980 le na Real Academia Galega un discurso en galego (o discurso de ingreso como académico de Honra), pero dous días despois, investido como Doutor ?honoris causa? pola Universidade de Santiago de Galicia, pronuncia o discurso preceptivo en castelán. Hai outras dimensións de Cela que tamén deben ser mencionadas neste artigo: a de Cela traducido ó galego. Referímonos á traducción feita por Vicente Risco de La familia de Pascual Duarte (Vigo, 1962). Trátase da novela súa máis solicitada polos lectores (254 edicións no 2002) e polos traductores (hai versión ata en latín). En canto ás traduccións, cando nunha determinada lingua non había demanda, era o propio Cela, estratega sempre, quen suxería ou instaba a versión. É o caso da galega, promovida por el xa en 1952 e que tardou dez anos en facerse realidade. Aínda en 1960 (o 29 de xaneiro) lle facía estas observacións a Celso Emilio:
No me explico mucho los miedos del editor. Mi Pascual Duarte en gallego, traducido por Risco y prologado por Otero Pedrayo, debe venderse bien, aunque los presuntos compradores conozcan ya la versión castellana. Me duele que nuestros paisanos sean tan timoratos y cicateros, y me duele aún más después de haber visto el Pascual Duarte en catalán. ¡Allá ellos! Trata de animarlos, aunque sin forzar las cosas lo más mínimo. Me haría gran ilusión...
Para a edición galega, que lle faría ?gran ilusión?, Cela comprometeu a dous dos grandes nomes das Letras galegas daquel tempo: o de Vicente Risco, como traductor, e o de Ramón Otero Pedrayo, como prologuista. Por certo, don Ramón, que tantos prólogos fixo de compromiso (non sabía dicir non os autores dos máis variados libros), escribiu para esta ocasión un dos estudios máis orixinais que teña suscitado esta novela, novela indica o ilustre prologuista ?hoxe devolta con amor e respeito á nosa lingua galega? (p. XX). Implicouse Cela tanto na edición galega que mesmo chegou a suxerirlle a don Ramón que asinase ?Otero Pedraio, más gallego en su ortografía y como usted firma en O mesón dos ermos y en tantas otras páginas...?. Na mesma carta pregúntalle se el, o autor, debe poñer ?Xosé?... como usted, en sus páginas, hace un par de veces? (30101954).
329 Nº 364