BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
A partir da Idade Media e coa Peste Negra (mediados do século XIV) a morte experimenta unha fonda transformación tanto na concepción filosófica como na súa representación literaria e artística, que xa non podemos seguir. O afán de supervivencia que, en definitiva, non é máis có esforzo por triunfar da morteesquecemento, queda compendiado na derradeira frase escrita por Yukio Mishima na mañá do 25 de novembro de 1970 pouco antes de se autoinmolar facéndose o ?seppuku?: ?La vida es breve, pero yo deseo vivir para siempre?43.
NOTAS
1. Como é sabido, Diego Antonio Cernadas y Castro, o primeiro cura de Fruime, redactou uns ?Motes y Poesías para el túmulo del R. P. Sarmiento?, pero non apareceron publicadas ata 1780 no tomo quinto das súas obras, Obras en prosa y verso, T. V, Madrid, pp. 290297. López, Atanasio (1953): La imprenta en Galicia, Madrid, p. 223. Do Arquivo e Biblioteca de BarreiroLópez Morán. Avalle, Fray Anselmo; Oración fúnebre que el muy reverendo P. M... predicador mayor del Real Monasterio de San Martín de Madrid, dixo el día 7 de febrero de 1773 en las honras que dicho monasterio celebró a la buena memoria de su famoso hijo el Rmo. P. M. Fr. Martín Sarmiento. Dala a luz con varios elogios hebreos, griegos, latinos y castellanos, el mismo monasterio a expensas de un amigo íntimo del difunto, Madrid 1773, pp. 7984 cos textos latino e grego en dúas columnas. Sobre Jacobo de la Piedra e a colección de iniciais de imprenta con maiúsculas cunha coroa enriba, cfr. Bouza Brey, F., ?Los grabadores compostelanos del siglo XVIII?, en Compostellanum (1964), pp. 541606, especialmente nas páxinas 588593. As teses de doutoramento impresas en papel ou mesmo en seda no século XVIII en Santiago levaban gravado o escudo, no centro, do aristócrata a quen o doutorando dedicaba a súa tese. A continuación viña o texto e o nome do doutorando e os nomes dos dous contradictores da tese mailo do profesor que presidiría o acto. Unha orla rodeaba todo o conxunto. Agardamos unha investigación sobre estas orlas do século XVIII que constitúen un capítulo descoñecido da historia do gravado galego. Descoñecemos a quen atribuír o gravado porque había tres gravadores que se chamaban Varela: Miguel Varela, pintor; Andrés Varela Tacón, arquitecto e Vicente Varela, tamén pintor e debuxante. López, Atanasio; La Imprenta, op. cit. p. 223. Debo agradecer a don J. Burgoa Fernández, erudito da historia da cidade de Ferrol e autor da biografía Jose Lucas Labrada Romero. Un ilustrado ferrolán do século XVIII, Ferrol, 2002, que me facilitara varios datos moi importantes sobre Xosé Labrada que irei recollendo puntualmente. Bautizouse o fillo na parroquia de San Xulián de Ferrol o 19 de outubro de 1762. Dato ofrecido por Burgoa Fernández. Barreiro Fernández, X. R. (1996): Historia de la ciudad de La Coruña, 2º ed., A Coruña, p. 348. AUS, Libro de Claustros, A135, acta do 30 de setembro de 1767. AUS, Libro de Claustros, A135, acta do 2 de novembro de 1768. A composición non leva título e iníciase así: ?Unus de Illorum turba, Clarissime Praesul?. Só coñecemos un exemplar que se garda na Biblioteca da Universidade de Santiago. Arch. Cap. Santiago, Actas Capitulares, acta do 20 de marzo de 1771 na que Sánchez Ferragudo comunica ó Cabido que foi nomeado bispo electo para a diocese de Lleida. Bustamante y Urrutia, J. M. (1965): Catálogo de la Biblioteca Universitaria Impresos del siglo XVIII, T. III, 17791799, Santiago, nº 12.255, p. 352. Bustamante catalógao sen ano.
7.
2. 3. 4.
8. 9.
10.
11. 12. 13. 14.
5.
6.
15.
16.
Nº 363
32