Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
dor máis das festas lampedoforias disposto a gañala victoria final que é a da permanencia na memoria colectiva. A morte cumprirá o seu destino fatal pero Sarmiento seguirá vivindo a través da súa obra e dos que o aman. Esa é a victoria. Para darlle verosimilitude á súa recreación procura un estilo literario que se axusta no posible á retórica latina clásica. Basta comparala composición de Labrada co discurso de Miguel Antonio Montes Piñeiro39, unha das máis destacadas e escasas produccións latinas no século XVIII en Galicia40 para decatarse das diferencias entre ámbalas dúas composicións. Á parte do ton oratorio enfático que preside a Oratio de Montes Piñeiro, hai na mesma unha exuberancia verbal que revela de inmediato a súa formación en Bolonia onde se impregnou do barroquismo literario italiano. En Labrada, en troques, hai unha sabia dosificación dos recursos literarios en beneficio dunha hábil conxunción entre o concepto e a súa expresión, de forma que o primeiro non quede sepultado na exuberancia barroca da expresión literaria. Pero, sobre todo, hai unha impregnación da mitoloxía e da literatura grecorromana que constitúe a estructura da que depende todo o discurso, unha vez que renunciou ó contexto teolóxico cristián. A Parca ?saeva?, ?teterrima? ou as Parcas tecen os fíos da nosa vida ata que Atropos, a máis aterradora das Parcas, corta o fío, sega coa súa gadaña a vida. Tódalas adxectivacións das Parcas, deusas do destino humano, proceden de Ovidio, de Propercio e de Cicerón e doutros autores clásicos. Tamén aparece Libitina, a deusa que presidía os funerais, utilizada, como en Horacio, como sinécdoque da mesma morte. O texto está empedrado de citas e referencias clásicas: Cicerón, Ovidio, Lucrecio, Herodoto, festas lampedoforias, gloria de Grecia e de Roma, costumes de Exipto, etc., o que revela a preocupación do autor por crear un contexto verosímil para a súa composición en honor do P. Sarmiento. Conclusión Sen sabelo, en forma inconsciente, porque a investigación sobre a morte na literatura, na filosofía, na antropoloxía e, sobre todo, na arte é un fenómeno recente41, Labrada conecta co sentimento do patriciado romano dos séculos II e III que acumulan reflexións (non textos de resignación) sobre a morte tal e como corresponde a unha sociedade que escribe a historia a partir do individuo e non do home mítico42. O patricio romano, o emperador, loitan por triunfar da morteesquecemento mediante o reto de permanecer a través dos seus retratos. Co cristianismo combínase esta mesma reafirmación individual, esta loita contra a morteesquecemento coa mensaxe escatolóxica: as estatuas xacentes de bispos e cabaleiros dormen placidamente (pausantes in somno pacis) ou descansan (requiescant) agardando a parusía, pero mentres esta non chegue, reafirmando cos seus bustos que a morte non borrou a súa memoria.
31 Nº 363