BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
Montes Piñeiro nunha homenaxe que o Colexio San Clemente organizou en honor do seu fundador no ano 176935. Pero nin pola súa extensión (a Oratio ten 64 páxinas), nin polos contidos, nin polo estilo hai ningunha equivalencia entre as dúas composicións que nos puidera levar a pensar que Labrada a seguiu. A Expostulatio é unha composición breve36 que se inicia cunha dura imprecación contra a morte por ferilo sentimento dos amigos do P. Sarmiento que se ven privados da súa presencia e sabedoría, prosegue logo coa exposición das virtudes e da ciencia deste ilustre monxe bieito para concluír cun apóstrofo contra a morte incapaz de impedir que Sarmiento percorrera todo o seu camiño, chegando á meta portando o facho acendido da ciencia que transmitiu ós demais. Nesta composición hai aspectos formais e de contido que cómpre destacar. O máis sorprendente é a radical ausencia de calquera referencia á vida ou á morte desde unha perspectiva cristiá, o que debemos interpretar (xa que nada hai que coñezamos na conducta e nas crenzas de Labrada que nos faga pensar que profesaba un paganismo extemporáneo) como un recurso literario e estético que lle permitiu amosalos coñecementos que tiña sobre a literatura e pensamento latinos. Illarse da maneira que Labrada o fai do peso da cultura cristiá levouno a prescindir así mesmo dos topoi que operan en forma ben visible na tradición literaria española e europea e que alcanzan unha plenitude literaria en obras como as do Marqués de Santillana. A morte que Labrada contempla e a que increpa non é a ?morte amada? ou desexada de Francisco de Asís ou Jacopone da Todi, nin a morte xentil de Guido Cavalcanti, liberadora do mal de Dino Frescobadi ou a morte doce de Dante37. Non é tampouco a morte ?meditada? e asumida do Marqués de Santillana. Nin sequera é a morte rexeitada por un acto de rebeldía dentro dunha cosmovisión cristiá, tal e como aparece nalgúns versos de Petrarca, ou de Ausias March ou nas coplas do Arcipreste ou nalgúns textos de Quevedo38. Aquí a morte pertence a outra cosmovisión, a unha cosmovisión precristiá, claramente pagá, na que a morte ten unha estructura propia dentro do espacio mitolóxico e nesa visión os resortes, da gracia, da salvación, da mediación salvífica de Cristo ou a felicidade eterna non ocupan ningún espacio. Na composición de Labrada a morte é aceptada como un fatum, as parcas, tecendo os fíos da vida, teñen a súa propia autonomía que ninguén discute, o que Labrada intenta evitar son os danos colaterais: o esquecemento definitivo, o silencio eterno, a dor dos que aman a Sarmiento. Por iso, e só niso, Labrada desafía a morte, increpándoa porque a morte non será capaz de borrala súa memoria que quedará para sempre, presente nos que o aman. Esa é a victoria de Sarmiento sobre a morte, a de evitalo esquecemento e o silencio eterno porque o facho da súa inmensa sabedoría xa está noutras mans que o prolongarán no tempo impedindo que o manto da desmemoria cubra a súa figura e a súa obra. Non recorre Labrada a misericordia divina, o seo de Deus que garantirá a súa eternidade, Labrada prescinde de toda reflexión teolóxica e sitúa a Sarmiento como un correNº 363 30