Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Teñamos en conta que, ademais de Labrada, tamén o primeiro Cura de Fruime, D. Diego Antonio Cernadas de Castro, redactou diversas composicións na honra da memoria de Sarmiento, composicións que, en principio, paréceme que non foron publicadas ata 178025, aínda que xa antes corrían manuscritas entre os intelectuais galegos, como o demostra que entre os papeis de Cornide, que se atopan no Arquivo do Reino de Galicia, apareza unha copia destas composicións. Nunha cidade tan pequena como era Santiago naquelas datas era imposible que non se coñecesen Cernadas e Labrada. O feito de que os dous coincidan en homenaxear a Sarmiento, en esforzarse por integrar a Sarmiento na memoria colectiva dun país tan necesitado da súa reafirmación cultural26, lévanos a pensar que formaban parte dalgún faladoiro no que a obra de Sarmiento era altamente valorada, quizais precisamente pola apaixonada defensa que o benedictino fixo sempre de Galicia, dos seus homes e da súa lingua e cultura27. Se a memoria de Sarmiento lles pasou desapercibida ás institucións e á elite intelectual do país, non sucedeu o mesmo con estes dous humildes intelectuais que hoxe lembramos. 4. A Expostulatio de Labrada A Expostulatio é unha composición en honor do P. Sarmiento que, como xénero literario, non ten antecedentes na prosa latina do século XVIII en Galicia. Non é unha oración fúnebre, xénero oratorio que ten xa unha estructura canónica: pronúnciase no medio da Misa, formando parte das honras fúnebres, en castelán para ser entendida e sentida polos asistentes e componse de tres partes: a introducción, na que o orador solicita o apoio do Espírito Santo para levar a cabo o seu cometido e que remata cando o orador interrompe o discurso para axeonllarse e rezar unha Ave María, o desenvolvemento, no que se expoñen as virtudes ou os feitos presuntamente heroicos da ilustre persoa conmemorada e o desenlace no que se agarda da misericordia divina a salvación eterna do finado. Máis ou menos, tódalas oracións fúnebres pronunciadas e impresas en Galicia durante o século XVIII se someten a esta estructura, sexan pronunciadas a favor dos bispos28, dos nobres29 ou dos reis30. Tampouco a Expostulatio ten que ver coas ?ofrendas? literarias, ?motes?, ?poesías? ou ?inscripciones métricas? que Cernadas de Castro, o Cura de Fruime, redactou e publicou para conmemorala morte de Feixóo31, da Raíña María Amalia32, de Fernando VI33 ou do propio Sarmiento34. A Expostulatio forma parte dun xénero diferente e do que non atopamos ningún antecedente na publicística galega do seu tempo. É posible que seguira algún modelo español ou estranxeiro que descoñecemos. A única obra que podería ter unha afastada, moi afastada, equivalencia é a Oratio in Laudem Ill. et Exc. Domini Joannis a San Clemente pronunciada por Miguel Antonio de
29 Nº 363