BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
ce fundarse nun documento do ano 1773 no que consta que no ano 1769 foi comisionado pola Universidade a Pontevedra para formar parte do tribunal que debía constituírse para nomear un catedrático por oposición na escola de gramática daquela cidade17. No documento indícase que Labrada cumpriu con exactitude este cometido, pero advirtamos que non foi de opositor senón de xuíz. Ademais no amplo artigo que FernándezVillamil dedicou a estudiala a preceptoría de Pontevedra e no que aparecen a maior parte dos profesores non se menciona a Labrada18. Máis seguro parece ser que Labrada se trasladase á cidade da Coruña exercendo como preceptor ou profesor de Gramática, posiblemente por ser cesado na cátedra da Universidade. Nos apuntamentos que nos cedeu xenerosamente Burgoa Fernández dise que chegou á cidade da Coruña no ano 1784 fundando e dirixindo unha CasaEstudio de Gramática, mentres que o seu fillo, Xosé Lucas, entraba como meritorio na Contadoría Provincial do Exército. Labrada vivía na rúa de S. Andrés e aparece neste ano como preceptor de Gramática. Sen embargo, nunha relación que se conserva manuscrita no Arquivo Municipal da Coruña, do ano 1799 na que se enumeran os mestres de primeiras letras, non aparece Xosé Labrada, quizais porque xa estaba retirado19. Debeu morrer entre 1803 ou 1804 porque o seu fillo Lucas Labrada vende en 1804 a biblioteca do seu pai ó Real Consulado da Coruña por 9.000 reais20. 3. Os motivos ¿Por qué Xosé Labrada escribe e publica a Expostulatio que é, sen dúbida, a primeira homenaxe que recibe Sarmiento despois da súa morte? Podería pensarse que o texto fora preparado por encargo da Universidade de Santiago, institución que sería a responsable de tal homenaxe. Pero nada no texto de Labrada o indica. A Universidade era moi celosa do seu prestixio e no suposto de que fixera tal encargo preceptivamente debería de facerse constar. Por outra parte, non era habitual que a Universidade homenaxease a alguén, por moi prestixioso que fose, que non tivese relación ningunha coa mesma21. Podería tamén pensarse que fora o poderoso mosteiro de San Martiño Pinario quen encargara a Labrada esta composición. Pero nin o estudio do Libro de Consellos22 de San Martiño Pinario dá pista algunha ó respecto nin era habitual que os mosteiros benedictinos homenaxearan a quen non tiña vínculo directo ningún co propio mosteiro, como sucedía neste caso. Entre o monxe que recibía o hábito e a casa ou mosteiro en que profesaba, establecíase unha especie de pacto de fidelidade mutuo que permanecía aínda que o monxe, por prescrición da Orde, residira noutro mosteiro. Por iso á morte do monxe tódalas súas pertenzas pasaban ó mosteiro no que profesara23. Pero Sarmiento, como se sabe, profesara en San Martín de Madrid que, por iso, foi quen se encargou de publicalas honras fúnebres en honor do mesmo24. Debemos deducir, pois, que Labrada decidiu compoñer esta peza literaria e imprimila motu proprio motivado pola admiración que profesaba ó P. Sarmiento.
Nº 363 28