BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
lo As moradías do vento apareceron na revista Atlántida no 1955 e Pequeno Canto (1959), que pecha o ciclo, quedou inédito. Os tres conxuntos poemáticos que constitúen podemos caracterizalos da seguinte maneira: As moradías do vento = exaltación da natureza, A frauta yo garamelo = exaltación das aves, habitantes do aire e Pequeno canto = exaltación da luz, perda do amor e do paraíso. Os tres conxuntos, na miña opinión, conforman unha unidade con tres motivos, sendo o seu común denominador a luz e o aire, isto é, o espacio aéreo e inmaterial. Textos pertencentes ó réxime diúrno. A luz, o aire e mailas aves son elementos propios dese espacio, que funciona como metáfora da sublimación, do entusiasmo vital e do idealismo. A frauta yo garamelo reúne estes tres compoñentes, deixando o protagonismo ós paxaros, moradores do ceo, que veñen significar o pulo ascensional cara á liberdade, espacio da transparencia e a fermosura. Esta tríade conxunta de símbolos: rexión celeste, árbore e paxaro, atopámola tamén nun texto da Lámpara Maravillosa de Valle Inclán: ?y fui a un tiempo árbol antiguo, y rama verde, y pájaro cantor? supoño que Avilés coñeceu esta idea e a desenvolveu poeticamente. Os dous recorren ó simbolismo para expresalo sentido sacral e hermético da natureza. Isto polo que respecta ó plano temático, nos aspectos formais, a construcción imaxinaria é de fonda raigaña vangardista. Ó libro envólveo a lenda de que foi escrito nunha noite. Sexa certo ou non, se podemos dicir que é un libro monotemático e unitario, escrito baixo o rapto e a furia da inspiración, algo bastante frecuente no conxunto da súa obra. A luz, o vento, as árbores e mailas aves aparecerán sempre, ó longo da súa obra, como referentes dese espacio inalcanzable de perfección e fermosura dentro do seu universo poético. Salvador GarcíaBodaño (1971) resalta o seu inmenso poder creador, o sentido do ritmo, a expresividade e tamén a súa espontaneidade. X. L. Méndez Ferrín resalta o influxo vangardista na construcción metafórica, así como o dominio de metros e ritmos de ascendencia clasicista. X. M. Álvarez Cáccamo detense na análise estilística e pon de relevo a ruptura sintáctica e nominalización do verso. Dolores Arxóns e Xavier Castro no seu estudio sobre A frauta yo garamelo fixaron os campos semánticos da natureza e a simbólica do conxunto. Creo que lles faltou desenvolver este aspecto que os conduciría a descubrir relacións interesantes. A frauta yo garamelo é un libro dun só protagonista: os paxaros. Exaltación dese ser fráxil e fuxidío, que en voo se fai case inmaterial e o seu rechouchío, transparente, puro e vivo, de breve e intensa partitura, sublima a música porque ten as notas limpas e fluídas do puro aire. Avilés expresa a través das imaxes e metáforas dos paxaros ese pulo ascensional que vén do fondo en busca da luz, e da liberdade e da vida no seu gozo entusiasta. O título A frauta yo garamelo responde a un artificio metonímico, emprego dun termo co significado doutro. A frauta, vinculada coa natureza e os deuses, é un instrumento de vento que produce un son moi similar ó trino dalgunhas aves. No texto lemos: ?esguía frauta?(xirín), ?as frautas do reiseñol?, e tamén ?gaita inxel?(xílgaro), ?tiroliro
Nº 364 146