Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
a morte, o lume, a forza das fontes abisais, o aire, o trigo, a roda onde florece a vida polas coxas da morte alarido na vouga escuridade primaria. ???? Charamusca de lume dun momento agonía do home que se inflama ???? Non son un home: son un pobo E ninguén me pode domear
3º. Ciclo noiés = ciclo do retorno ó paraíso, devezo de volver a habitalas ?moradías? do vento. Poemas do regreso. A metáfora de Ítaca inaugura a derradeira etapa, continúase cunha liña aberta no anterior ciclo, evocación da nenez e dos traballos nos eidos familiares. Reencontro coa Nai (símbolo ambivalente), volta ó seo materno e á Patria. A terra pasa de ser un espacio idílico, a un esforzo colectivo para ?ver nascer o sol nesta terra querida?. O poeta recupera o réxime ascensional e as imaxes e metáforas diúrnas iluminan de novo este apartado. O poeta constrúe coa palabra un mundo no mesmo reino da luz e da esperanza. Poemas do mar con metáforas surrealistas cun trasfondo de versos míticos e épicos que enaltecen o sangue vigoroso do pobo galego. Camiños abertos para que as naves o arriben a ese lugar onde o corazón poida sentilo vento. O erotismo impregna unha natureza exultante e vizosa, é tamén unha forza xeradora, subterránea e escura, que o religa á Terra transcendéndose e eternizándose no amor, ?todo corpo de amor é man de Deus?. Afirmación da vida e do amor fronte a ?besta?, poemas da consumación nos que o poeta desprega unha poética ascensional, para de novo habitala luz e o aire, un espacio enchido de beleza, de plenitude e liberdade. A morte como disolución, ser el mesmo Terra e sentir ?as rulas pousarse levemente na saudade?, e só así tería a eternidade a dimensión perfecta.
Escuro, escuro, nai: no escuro alzo a miña torre no ar. No escuro nai, mater amabilis, amantísima mae, no escuro o teu amor de pedra firme. ???? O tempo non é acaso, o tunel no que entro de vagariño para a eternidade? ???? enlevo o rude corazón que se perfila, aínda iniciando o voo, ese pulo que fica tenso no ar para abranguer a vida???? quero volver ás simples moradías que un día fixen no dintel do vento e ter de novo os paxaros na man...¡Ese outro tempo! ????
143
Nº 364