BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
Teño a ollada limpa do neno e son todo paxaros, remuíños e vento ??? Ven da miña man, amada, ensinareiche o bosco: o pórtico máis amplo ábrese ós nosos ollos e escomenza o marmurio dos oboes. .......................................... todo aquel que se adentra sinte o folgo garrido doutra vida
Pódese afirmar que se pecha coa perda da inocencia e a presencia da morte, lembremos de novo este extraordinario cuarteto:
Todo canto amei, perdeuseme contigo: a luz clara e vibrante da miña xuventude, os bosques entrañables perfeitos de quietude onde o vento vivía con un lecer antigo
2º . Ciclo colombiano = ciclo da caída. Con el ábrese unha poética da melancolía, da conciencia do tempo. Saudade da luz perdida e afastada dos recintos sagrados, a natureza da infancia e da felicidade. Poemas da emigración, da orfandade sentimental: a nai e a terra. Aparición das imaxes da escuridade e da tristura. O poeta sente a forza telúrica das terras americanas onde a paisaxe é un contrapunto para o seu corazón ferido de dor. Deste choque, vai xurdir unha poesía dinámica, de vigorosa tensión e non ancorada nun relembro paralizante. Neste ciclo ponse en pé un poeta, un loitador, que sae en busca da ?luz tépeda que asubía no interior do vento? a loita pola vida. Neste proceso de dinamización o poeta sente a necesidade do retorno, da volta ó fogar patrio e reencontro cos espacios íntimos e co imaxinario mítico do seu pobo.
Ando lonxe e senlleiro, triste e lonxe como unha besta acoitelado brúo ???? E verme eiquí, amigo, duramente, atado a miña dor senlleira e única. ???? Eu non roubei a luz, soamente quixen .................................. facer quizais como unha nave de ouro compañeira do vento e da ledicia. ???? Ter saudade de luz, do sal, de velo vento, da chuvia elemental caíndo nos pomares. ???? Ouh luz, lonxana luz,perdida luz amiga: dez mil leguas de mar chámanse olvido, ou quizais non: escuridá medida metro a metro de dor cúbica e fera ???? Gozan tódolos símbolos ó abrigo do meu pulo:
Nº 364
142