Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Esas imaxes evocan a plenitude daqueles días, días que serán un remol para as noites de tristura. Unha simbólica da luz, unha poética ascensional, dinámica e libre sobre a que se vai constelando a súa palabra poética.
Todo o meu froito é luz de follas e de ás transparentes ???? Meu amor é navío de altas sedas por onde o ar se sinte repousado. ???? Todo canto eu amei perdeuseme contigo: a luz clara e vibrante da miña xuventude os bosques entrañables perfeitos de quietude onde o vento vivía con un lecer antigo.
Avilés crece cara ó ceo para habitalo aire porque tiña ?saudade de luz?, único espacio para a delgada transparencia da música e da color. Toda a súa poesía é expresión do réxime diúrno, unha metáfora ascensional. O home poético de Avilés harmonizase cos catro elementos. A terra e mailo aire son os polos que o limitan e o empuxan a esa arela irresistible de verticalidade para ?erguerme no infinito enraigado no colo da terra?. TerraNai que aleita, sangue, lume e fermento de todo canto o une ó pasado e o proxecta á eternidade. A figura feminina da nai simboliza o vínculo coa Terra, embigo do mundo, centro do retorno, da comprensión e do entendemento da vida no amor. Terra e tebras complementarias do ceo e da luz, luz necesaria que ?fai tremer a raíz? erguéndonos ata as ?moradías? do aire. Na primeira poesía de Avilés etapa coruñesa atopamos xa un repertorio de léxico, imaxes e metáforas aéreas que fan constante referencia ó aire, á luz e ás súas criaturas. Imaxes claves para a comprensión da súa obra. A súa poética, pertencente ó réxime diúrno, esta ligada á expresión da alegría, da euforia, e da liberdade, mentres que o réxime nocturno encerra as imaxes da disolución, da angustia da morte. A poesía de Avilés escolle o espacio máis alto, a do puro aire, tenta habitar esa rexión para fundirse na harmonía do universo e sentir ?a dimensión perfecta da eternidade?. O aire, morada da luz e do voo e dos paxaros é tamén o paraíso dos soños, e da beleza. Os tres grandes ciclos propostos por X. M. Álvarez Cáccamo podémolos establecer tamén conforme ó eixe sémico da luz e do aire que se reflicta nos distintos contidos poéticos de cada unha da súas etapas vitais. Na súa poesía sempre prevalece o réxime diúrno, con distinta intensidade e dominio sobre o réxime nocturno que é traspasado polo triunfo da luz e da natureza 1º. Ciclo coruñés = ciclo do paraíso. Caracterizado polo réxime ascensional e diúrno. Imaxes dos espacios sagrados da infancia, apertura á liberdade. O espacio aéreo habitado polo aire e os paxaros. A terra ten o brillo auroral do paraíso. Inocencia e exaltación luminosa da vida. Alegría, amor e plenitude:
141
Nº 364