Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
talxia, de melancolía, da sensación de orfandade, da saudade, aínda que nalgunha ocasión a visita do mar ??o mar de Finisterre, o mar da Vida?? promova un intre de esperanza, de fe nun futuro retorno, de soño no regreso liberador aínda que sexa para ?naufragar con gozo?. Esta parte segunda do libro confirma raíces biográficas xa explícitas na primeira, pero resulta, como totalidade, máis desigual formal e expresivamente; tamén nas claves de mundo poético e no estatuto e condición do eu lírico. A estructura interna, máis laxa e feble, está percorrida por constantes xa obsesivas como a ausencia da terra, o extravío existencial ??ando polo mundo a tombos?? a dor da ?longura da saudade? e o naufraxio dos feridos ?navíos de antano?; é dicir, os soños, as esperanzas, a xuventude. Hai, sen embargo, dúas novidades que representan unha proxección máis universalizadora das inquedanzas do poeta. Unha delas é o violento rexeitamento do tempo que lle toca vivir; un tempo de destrucción da pureza, da autenticidade e tamén do home, da terra, da natureza. Estamos, así, no tempo da ameaza nuclear, do armamentismo; na era espacial das ?cápsulas do terror? que furan o ceo; no tempo do terror das máquinas, do ?corvo cosmonauta?, da ?morte alxebraica?, dos obuses e as bombas, do ?vivir ferozmente?. Contra todo iso érguese o poeta (dende un pacifismo activo, dende un humanismo telúrico e solidario) en defensa do home e da vida e canta un tempo mítico, o das orixes puras, da inocencia e da beleza, do amor e da liberdade. Xorde entón un lirismo xenesíaco, o do poeta que, dende o alto, convertido en bardo, en guieiro ou conductor, ofrece a crónica das orixes, ilustra e conduce o seu pobo. Xunto con esta liña mítica convive a telúrica e tamén a de raíz sociopolítica e clara intención denunciadora. Desta última son manifestación composicións como ?O obús?, ?A máquina? ou ?No fondo, madre, no epicentro ígneo? entre outras. Ó seu carón debemos situar ?O pater noster de Biafra? onde, dende o sarcasmo, o poeta denuncia ?increpando a un Deus indiferente, insensible? a tráxica inxustiza da fame dos pobos africanos. Poemario desigual, como dixemos, nesta segunda parte, ofrece dúas pezas memorables: a conmovedora canción dedicada ó fillo (?Cántico de anguria??) e a manifestación da desmesura da dor ?e tamén do afecto? na elexía a Urbano Lugrís. Rosalía, Pondal e Curros son correlatos da teimosa expresión de amor a Galicia, da voz ?de terra? do poeta que, outra volta, evoca a mítica figura de Ulises e rouba ?tódalas naves do mundo? para retornar á súa Ítaca galega. Escritos ?na terra do xoropo, do xaguar, do papaio? os poemas deste libro só conteñen referencias illadas, fragmentarias á Colombia na que o poeta viviu durante case vinte anos. Antes do seu retorno a Galicia comezou un novo libro, Nova crónica de Ulises, que rematou en Noia en 1980 pero que só se publicou en 1982 como poemario final de O tempo no espello. Son oito ?e son en verdade desiguais? as composicións deste bre15 Nº 364