NAS MORADÍAS POÉTICAS DE AVILÉS DE TARAMANCOS (Dos poemas de Tapal a Cantos Caucanos) Luís Alonso Girgado
A traxectoria poética de Xosé Antón Avilés Vinagre (despois, literariamente, Antón Avilés de Taramancos) desenvólvese ó longo de tres etapas que en definitiva reflicten episodios e circunstancias da peripecia biográfica do escritor. Vida e creación poética, pois, corren parellas, unha vez máis, e a primeira informa ?nutre, alimenta, determina? a segunda. Será preciso matizar, sen embargo, que a vida implica non só a peripecia biográfica nun senso circunstancial ou externo, senón tamén ?e sobre todo? un conxunto de claves internas, un substrato existencial ou vivencial que no caso de Avilés de Taramancos posúe unha dobre dimensión ideolóxica e sentimental. Na primeira está a súa concepción nacionalista de Galicia dende unha perspectiva de loita liberadora. No íntimosentimental, un conxunto de perdas e naufraxios: a xuventude, os seus soños, o mar, a terra natal, a obsesiva ausencia dos seus eidos, o latexo amoroso, a identificación coa natureza e a recorrencia do retorno á patria perdida. Non será esaxerado dicir que estamos ante un caso en que o nacemento á vida consciente implica o nacemento á poesía. Pois se habitualmente asociamos a lírica á xuventude ?con todas as súas consecuencias? en Avilés de Taramancos (TaramancosBoa, 1935?Noia, 1992) temos que falar dunha adolescencia que manifesta a precocidade literaria de quen xa ós catorce anos daba á luz as súas primeiras composicións. A primeira etapa da obra poética de Avilés de Taramancos percorre a década do medio século, corresponde ás xeografías de Noia, A Coruña e Ferrol e resulta dos anos de aprendizaxe ?adolescencia, primeira xuventude? do escritor. Esta etapa representa, primeiramente, a súa prehistoria como poeta (as inevitables tentativas iniciais) e ten a súa canle en distintas revistas poéticas ou literarioculturais para rematar na publicación do seu primeiro poemario, As moradías do vento (1955) e despois ?xa con voz poética de seu? en A frauta yo garamelo (Moret, A Coruña, 1959). Outros conxuntos poéticos como Poemas a Fina Barrios. Pequeno canto (1959) ou Poemas soltos a Maricarme Pereira (1961) agardarán a súa publicación ata 1982, na recompilación que co título O tempo no espello presentou Salvador García Bodaño1. A xeira poética daquel ?autodidacta sen aulas nin cátedras?2 comeza en Noia, cando era un rapaz que cursaba o bacharelato nunha academia e contaba o poeta muradán Manuel Fabeiro Gómez como mentor en materia de lecturas. Foi Fabeiro (o popular Manolé) quen lle abriu as páxinas para colaborar en varias revistas e a primeira delas foi
7 Nº 364