Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
A poética narrativa deste libro de Avilés está expresada nimiamente nun artigo recollido en Obra viva30 :
Esa sensación de aventura que se emprende espido na voraxe dos elementos, para ter que artillar palabra a palaba ?irlle pondo nome a cada cousa o artificio do relato ou a fonda cadencia do poema. O demais foron cinsas de Hugo en terra allea. Nas crónicas ve Avilés un fío conductor que desemboca no realismo máxico coa única interrupción do romantismo decadente, representado polas novelas de Isaacs e Mármol, por ser alleo ó espírito da cultura autóctona. Deste xeito Avilés non soamente se achega ó espírito colonizador, coa palabra e co diálogo, senón que introduce un elemento moral emparentado co humanismo. Os distintos relatos que compoñen o libro son debedores do espírito cronístico, que el se encargou de ler e estudiar31, tanto na súa dimensión pragmática como utilitaria, pero Avilés dállelo trazo ético e moral da fidelidade a un pobo e a unha cultura, rachando cos tópicos da riqueza e do indíxena inxenuo. En definitiva, a capacidade de marxinación económica na que vive gran parte da súa vida axudoulle ó poeta de Taramancos a facela súa biografía como a súa obra, con palabras colonizadoras. Coa nosa lectura non pretendemos outra cousa que honrar gozosamente a memoria de Avilés de Taramancos. Nun país, necrófilo e agasalleiro, no que as honras que máis se prodigan adoitan selas fúnebres. As nosas reflexións queren poñelo acento no seu legado, na gozosa presencia poética dun home que quixo construír unha patria con palabras.
NOTAS
1 AVILÉS DE TARAMANCOS, Antón (1982): O tempo no espello, ediciós do Castro, introducción de Salvador García Bodaño, 101102. O tempo no espello, edic. cit, p. 12. AVILÉS DE TARAMANCOS, Antón (1992): Última fuxida a Harar, A Coruña, Espiral Maior, 25. Tamén no poema ?Saloucos d´un emigrante?, Tapal (Noia, agosto, 1951, p. 8). Así asina estas primeiras entregas un rapaz de quince anos. O seu nome poético, Avilés de Taramancos, aparece a partir de 1955. Nesta data tamén Manuel María asina as súas colaboracións como ?Manuel María, da Terra Chá, xograr? (LarRevista del Hospital Gallego, 255256, febreiro,1955) e Novoneyra como Uxío do Courel. O tempo no espello, edic. cit, p. 92. O tempo no espello, p. 114. 8 Ibidem, p. 110. 9 Ibidem. p. 107. 10 Xa expresara este convencemento nun poema de 1977 incluído en O tempo no espello, p. 172: ?Tódalas xentes do mundo/ ven o galego pasar/ de volta para a súa patria/ aínda que non volva máis?. 11 Vid. CAPELÁN, Antón (1993):?A fusión mítica na obra de Avilés de Taramancos?, Luzes de Galiza, 21, pp. 4049 12 O tempo no espello, edic. cit., p. 149 13 AVILÉS DE TARAMANCOS, Antón (1985): Cantos caucanos, Sotelo Blanco, 18. 14 Cantos caucanos, edic. cit., p. 62 15 Empregamos este termo na acepción que lle dan Deleuze, G. E Parnet, C., Diálogos, Pretextos, Valencia, 1980, p. 45. 16 AVILÉS DE TARAMANCOS, Antón (1989): As torres no ar, Sotelo Blanco.
2 3
4 5
6 7
39
Nº 362