BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
s.f. 'entidade de poboación rural': Para a aldea bamos 598. s.m. 'xastre': pois prateiros, alfayates 579. ALGÚN cuant.: que se figera algún frío 454; a carne que se corta, que algua seique 426. ALUGAR v. tr. 'contratar persoas': que ja se fan ladronziños por nonos fazer alugar 452. ANDAR v. intr. 'estar, permanecer nun estado': anda o sayo yo calzado sen atacas 46; non mora con ningén yanda solteira 445 // v. intr. andar a 'dedicarse a': non consentir andar á erba mill rrapaziños 450 // v. tr. 'percorrer': as rromarías que andou 99. ANO s.m. 'período de 365 días': vn par d'anos a escreber 471. ANTEPASSADO s.m. 'devanceiro': os antepassados 36. APERTAR v. 'atar con forza': tanto apertaste que 75. APRETAR v. tr. 'abrazar con forza': nome apretes 73. AQUÍ adv.: yaquí está máis de vn testigo 436; que quedara aquí giado 456. ARREBENTAR v. tr. 'romper algo por sometelo a un esforzo excesivo': da porta arrebenta[ste] a ataca yos vlletes 76. ARTEIRO adx. 'astuto': ladróns sutís yarteiros 490. ASÍ adv. 'de tal xeito, en tal grao': ¿Como béns así doente? 66. ASUBIAR v.: [...] asubiando 269. ATA adv. 'incluso, mesmo': ata estar de choz non lle basta 284. ATACA s.f. 'tira para amalloalo calzado ou cinguila roupa': que anda o sayo yo calzado sen atacas 47; arrebenta[ste] a ataca yos vlletes 77. AY interx. 'ai': ¡Ay Jesú[s]! 58; ¡Ay, miña Elbira do eyrado! 81; ¡Ay, miña muller Ynés! 82. AYNDA QUE conx. 'aínda que': E aynda que máis me esqueze 601.
ALDEA ALFAYATE
B
s.f. 'vaca', en pl. tamén 'gando vacún': nen ten bacas 44. BALER v. 'axudar': ¡Bállame o sinal da X! 59. BARATO s.m. 'almoeda': da manada e do barato dos escriuanos rreás 464. BARATO adx.: do peixe que foi barato 340. BARBA s.f.: Según ten a barba posta 55. BARBEYRO s.m. 'barbeiro': zurradores e barbeyros 382. BARBO s.m. 'peixe mariño, salmonete': tanto barbo e lengoado 340. BARREDEYRA s.f. 'arte cunha rede que varre o fondo do mar ou do río': barren como barredeyra 315. BARRER v. 'varrer, tamén en sentido metafórico': barren como barredeyra 315. BARRIL s.m. 'recipiente feito de dovelas (para viño, ostras, peixe...), máis pequeno ca unha pipa': yos mestres dos pichés, pipas, barrís e tonés 581. BASTAR v. intr. 'abondar': ata estar de choz non lle basta 284. BEBER v. tr.: Pois j'oje non bibín biño 61. BEN adv. intensificador: Ben pareze que 89; Ben sey ja que morreron 93 // adv. modal: [b]en sería 423; mirando ben seu trato 596 // de ben 'honrado, honesto': ay gente de ben 319. Vid. SER b. BENDER v. 'vender': que se benda o pan 304; os que benden 328; bir a bender 414; bén a bender 417. BENPOSTA, A topón. aldea de Santa María de Rubín, concello da Estrada, noutrora cabeza do partido xudicial homónimo: debe de ser da Benposta 56. BENTUROSSO adx. 'venturoso, afortunado': benturossa foi a cassa que tal carne coziñou 429. BER v. tr. 'ver': pouco biche no camiño 279; como nela biu passar 317; mas mill milleiros, berés 337; ber a carne que se corta 425; Ó rrebés bin fazer a un cordobés 479. BERDADE s.f., en en berdade que 'certamente': En berdade que ten boz de nosso Abade 53. BESTA s.f. 'animal de tiro e carga': furtando carros e bes[tas] 235. BEZIÑA s.f. 'veciña': Ja a beziña non ten galo 289. BIANDA s.f. 'alimento humano, comida que se serve na mesa': darlles da bianda boa 285. BIÇENTE antropón. nome de varón: ou Biçente o teçelán 86. BIEITO, BIEYTO antropón. nome de varón: BIEITO.? Tente, e pon primeiro o lío 72; BIEITO.? Cada vn diga na feira 316; Bieyto Sirgado ou Rial 440.
BACA
Nº 363
290