Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
9. Glosario O texto do glosario conserva as modificacións efectuadas segundo os criterios de edición, polo que para recuperala grafía orixinal cómpre ter en conta o exposto no apartado correspondente. Aínda que o glosario quere ser exhaustivo, non temos en conta algúns rexistros de palabras gramaticais en pasaxes moi fragmentarias que impiden a súa interpretación e clasificación; en calquera caso, son pouco relevantes porque ocorren con frecuencia, neste e noutros textos. O lema úsase só como unha forma de cita e de ordenación de variantes; en consecuencia, cómpre ter en conta que baixo el se recollen variantes morfolóxicas e que non sempre foi rexistrada no texto a súa forma canónica (isto é, Inf., masc. sg., etc.). Por mor das varias utilidades deste apéndice, nuns casos salientamos trazos semánticos interesantes para comprendela voz na súa época e contexto, noutros dámola forma gráfica estándar en galego moderno e noutros, finalmente, damos por sentado que ten a forma e significado usuais na actualidade. Na ordenación dos lemas non temos en conta o grafema inicial.
A
prep: ynsinada a terra a consentir lacoeiros 297; bir a bender 414; bén a bender 417; chamamos a deu[...] 462; vn par d'anos a escreber 471; bin fazer a un cordobés ya outro sibillano 479480; bamos a fazer a zea 599. Vid. O (art.). A art. det.: vid. O (art.). A pron. pers.: vid. O (pron.). Á contr.: vid. Ó (contr.). AAA onomat., choro: Ben sey ja que morreron. Aaa 94. ABADE s.m. 'cura párroco': ten boz de nosso Abade 54. ABE s.f. 'ave': son como abes de rrapiña 291. ABER v. impers.: agora ay mill honrrados 39; ja nos ay 299; que ay fin 306; ay gente de ben 319; non che ay tanto caramillo 489; ay vns ladróns formigeiros 491 // aber + part.: os traballos que ey passado 80; o que abés contado 455; que oubesse saydo deles 477 // aber de + inf.: [o]s emos de comprar 571. ABOFÉ adv. 'en verdade': Abofé quero abraçarbos 71; abofé, si non me engano 481. ABRAÇAR v. tr. 'dar unha aperta': Abofé quero abraçarbos 71. ABUNDANTE adx.: carne abundante 31. ACASSO adv. 'acaso': e si acasso bén pij[ota] 376. ACÁ adv. 'neste territorio': acá muyto máis pasou 280; Acá, fillo, non che ay tanto caramillo 489 // 'A este territorio': esa jente acá chegou 281. ACHAR v. tr. 'atopar': achando lugar 314; Non acharés na bila va rregateira 333 // v. pr. 'atoparse, xulgarse': tan bo alcalde se acha que 320. ACHAQUE s.m. 'motivo', en con achaque de 'con motivo de, por mor de': que con achaque da guerra 295. ACORDAR v. tr. 'lembrar': acordar danada pena 96. AGORA adv.: [d]e agora 38; se agora ay mill honrrados 39. ALÁ adv. 'nese ou naquel territorio': é mellor cós que alá sen 322; Alá nessa An[...] 530. ALBARDA s.f.: sobre dúas burras pardas o[s] sacaron sobre albardas 486. ALBERTE, ALBERTO antropón. nome de varón: ¡Ou, Alberto! 65; Ben pareze, meu Alberte, que 99. ALCAIDE s.m.: nen alcaide 421. ALCALDE s.m. 'presidente do concello': que tan bo alcalde se acha 320.
A
289
Nº 363