Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Conclúe, na parte quinta, coas construcións comunás, entre as que recolle as fontes, o lavadeiro e os santos ou capelas, sen deixar de mencionar as dúas mostras sobranceiras da arte popular, os cruceiros e os petos de ánimas, para rematar cun amplo espazo dedicado á moblaxe: Moblaxe de cociña, os leitos para durmir e outros mobles de madeira, mobles de ferro, decoración das paredes, utensilios domésticos e almacenamento da roupa. No tempo en que fixo o traballo máis extenso da arquitectura popular, trata o tema sen entrar a distinguir tipos ou modelos diferentes de casa que hai nos variados espazos xeográficos de Galicia. A morfoloxía do prototipo que estuda correspóndese, en gran medida, á que hoxe coñecemos como tipoloxía da Galicia meridional, como así o recoñece no texto sobre a casa da Limia Baixa (páx. 160), perfectamente trasladable a este texto posterior: ?(?) queremos proporcionar en primeiro lugar unha presentación do esquema da casa da ilustración I, 1, (a casa en perspectiva que figura nos dous traballos) mais advertimos que en realidade non existe unha casa que se corresponda co modelo ao que nos referimos. O esquema foi ideado por nós e obtívose incorporando tódolos elementos que se poden atopar? (En A casa rural na Limia Baixa, p. 178 da versión galega aparecida no libro dedicado a Xaquín Lorenzo pola Universidade de Santiago, co gallo do Días das Letras Galegas 2004), aínda que tamén resalta algunha das variantes da casa do litoral. Si fai unha clasificación dos tipos xenéricos que se poden dar en calquera lugar de Galicia: a cabana circular e cadrada precéltica; as vivendas circulares e cadradas da época céltica; vivendas predominantemente rectangulares da época romana; vivendas semellantes aínda que máis evolucionadas da Idade Media; e a casa contemporánea ou actual. Neste senso, e noutros, os que seguiron o seu ronsel de referente irán, co paso do tempo e de pescudas laboriosas, perfilando moitos dos aspectos que Xaquín Lorenzo non tivera ocasión de tratar por mor da época, da carencia de estudos e dunha metodoloxía axeitada para enxergar a enorme variedade que hai nas construcións populares. Mais nese amplo capítulo primeiro non se esgotan todos os compoñentes que hoxe se integran no que entendemos por arquitectura popular. Haberá que acudir aos outros catro capítulos do texto para facer a recolleita doutras construcións que forman parte dela. Esta expresión de arquitectura popular, que Xaquín Lorenzo case nunca empregará, seguramente porque, ao menos nos primeiros tempos, esa denominación non está comunmente aceptada e utilizada nos ámbitos académicos e profesionais ata logo de se ter celebrado a exposición Arquitectura sen arquitectos no ano 1963, no Museo de Arte Moderna de Nova York, onde se exhibirán en diferentes paneis ?varios deles mostrando hórreos galegos e portugueses?, as numerosas, variadas e ricas arquitecturas populares do mundo. AS CONSTRUCIÓNS POPULARES NOS CAPÍTULOS II, III, IV E V No capítulo II, titulado A terra, estúdase en oito apartados, nos que en case todos eles hai mención a construcións populares, a relación do home co territorio no cal se asentan as poboacións humanas dun xeito orixinal e as terras de labor así como o seu apro19 Nº 365