Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
3. Posta en marcha da sección de Hemeroteca na Web da RAG colaborando estreitamente coa Universidade da Coruña no deseño e funcionamento da mesma. 4. Atención de usuarios. CONVENIOS Durante o ano 2004 a Real Academia Galega asinou unha serie de convenios de colaboración con distintas entidades, co fin de desenvolver proxectos concretos: ? Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para o mantemento do Servizo de Terminoloxía CientíficoTécnica en lingua galega. ? Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para a organización da décimo quinta edición dos cursos de verán de lingua galega para estranxeiros. ? Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para continuar coa nova edición do dicionario da Real Academia Galega e redactar a gramática galega. ? Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para darlle continuidade ao equipo de traballo sociolingüístico. ? Convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a informatización da biblioteca e o arquivo. ? Financiamento da edición do Boletín da Real Academia Galega 2003, pola Fundación Rodríguez Iglesias e Hércules de Ediciones, S.A. ? Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e Real Academia Galega para o financiamento das actividades do ano dous mil catro. ? Acordo de colaboración entre Fundación Caixa Galicia ? Claudio San Martín e a Real Academia Galega para contribuír ao financiamento da CasaMuseo Emilia Pardo Bazán. ? Acordo entre TYVE TECHNOLOGIES e a Real Academia Galega para a utilización do Dicionario normativo da lingua galega dentro dun programa concurso da TVG e a edición dun CD multilingüe sobre xogos de palabras, chamado TELETREANDO. CONTRIBUCIÓNS ECONÓMICAS Ademais dos convenios asinados con institucións, tanto públicas como privadas, a RAG recibiu axudas de tipo económico para contribuír ao desenvolvemento da súa actividade diaria dos seguintes organismos: ? Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. ? Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Secretaría de Estado, de Educación y Universidades Subdirección General de los Archivos Estatales. REPRESENTACIÓN DA RAG ? Consello da Cultura Galega. ? Consello de Comunidades Galegas.
413 Nº 366