170
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
do que ?sólo al abrigo protector que la universidad ofreció a Guixard, a Frayz la inquisición, y más tarde a Aguayo la catedral, pudieron sostenerse e imprimir las obras de aquellos autores que vivían en nuestras cuatro provincias?. Así mesmo, sinala que estas obras que saían do prelo en Compostela eran na súa maioría obras místicas, e en segundo lugar históricas, sendo escasas as relativas a outras áreas do saber humano. Acompaña o preámbulo anterior unha lista, ordenada cronoloxicamente, dos impresores que houbo en Galicia, na que se ofrecen algúns datos, como o da cidade na que se asentaban e os títulos das obras impresas por estes. O Diccionario remata cunha ?antoloxía? de textos (en prosa e verso) dos, segundo Murguía, ?mejores autores gallegos?, o que, na súa opinión, abondaría para defendelas provincias galegas da acusación de ter cultivado pouco a literatura, ó mesmo tempo que serviría para dar a coñecelos nosos escritores de máis calidade. Divídese a antoloxía en textos en castelán, textos en galego (adaxios, cancións populares e romances) e textos en latín, acompañados dunha traducción ó castelán (amplía así a panorámica a unha etapa anterior da nosa literatura: a latina); e cada apartado, pola súa vez, estaría organizado por orde cronolóxica. Os autores escolmados son: Macías (poesía), Juan Rodríguez de Padrón (narrativa e poesía), Gómez Pérez Patiño (poesía), Diego Rodríguez de Armella (narrativa), Fr. Gerónimo Bermúdez (traxedia), Pedro Fernández de Castro, conde de Lemos (narrativa, epístola e poesía), Fr. Felipe de Gándara (xénero epistolar), Francisco de Trillo Figueroa (poesía)... As partes galega e latina non se chegaron a publicar finalmente, como estaba previsto, debido ó carácter inconcluso da obra. Estaba previsto que os textos en galego fosen de carácter popular, xa que nun momento inicial a literatura galega ?dentro do esquema murguiano? se apoiaría na literatura popular: por falta ou escaseza de obras cultas e para poder encher un baleiro de varios séculos, así como para lograr unha maior coherencia (o nacionalismo literario aprópiase dos textos nos que adquire unha fórmula ideal de articulación; así, a definición de literatura nacional mentres está asentada na literatura popular, non ofrece problemas de conceptualización porque entre o corpus literario e a identidade étnica existía unha perfecta homologación). Por iso, en varios lugares do Diccionario de escritores galle