MANUEL MURGUÍA
169
toria de Galicia a publicar unha lista de escritores galegos. A partir de entón ?continúa?, amplíase algo esa lista inicial, primeiro por parte do anónimo autor da Guía del viajero en la catedral de Santiago, que non era máis que un extracto ?de lo que Nicolás Antonio nos había dado en sus Bibliotecas?; con posterioridade cita a Turnes Maldonado como seguidor, sen grandes resultados, dos pasos dos seus antecesores. A propósito de todas estas obras, sinala Murguía que carecen de verdadeiras noticias bibliográficas, que os seus autores se limitan a copiarse os uns ós outros sen facer rectificacións nin comprobala veracidade das fontes, preocupándose unicamente en engadir máis nomes ós xa existentes. As súas fontes serán as crónicas das ordes relixiosas: a Crónica de la pro vincia de Santiago, dos franciscanos; e crónicas xerais. Ademais agradece a colaboración dos seguintes autores: Ramon Fort, escritor e membro da Academia da Historia, ademais de bibliotecario da devandita institución; Ramón Segade Campoamor, investigador no campo da historia e da bibliografía galega; Baltasar Peón, colaborador de Murguía, desde Madrid, etc. Dos autores das listas de escritores previas ó seu traballo, como a de Rioboo y Seijas, ou a de Cornide, sinala que equivocan a patria de homes coñecidos e distinguidos, que non citan nunca completo o título dos libros nin dan conta do ano da impresión, nome do impresor e cidade de publicación. O apartado titulado ?De la imprenta en Galicia? é un rastrexamento polas orixes deste invento en Galicia. Nel destácanse os nomes de don Alonso de Fonseca, fundador do primeiro colexio que se coñeceu en Galicia, e o de Diego de Acevedo, conde de Monterrei, quen trouxo a imprenta á nosa terra e imprimiu no seu pazo de Monterrei o primeiro libro que se publicou en Galicia. Continúa o seu percorrido no século XVI, en que as imprentas de Mondoñedo e a de Tanco del Fregenal en Ourense desaparecen ?de tal modo, que apenas se encuentra un libro impreso en Galicia durante la segunda mitad del siglo XVI?; mentres que, a principios do XVII, volve aparecer en Santiago, que se converte no centro do movemento literario de toda Galicia e que contaba coas prensas dos Guixard, Frayz, Aldemunde e Aguayo. Explica Murguía o reducido número de libros impresos en Santiago polo declive que afectaba ó país galego en tódalas ordes da vida, especialmente na económica, salientan