166
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
parte dos escritores: estes modelos serían os escritores galegos de máis calidade desde o punto de vista literario e artístico, e aqueles que empregaron antes que ninguén o galego na literatura, pero, sobre todo, os que contribuíran coa súa obra a perfilar unha literatura galega con características propias. Entre estas figuras sobranceiras das nosas letras, Murguía colocará nun lugar destacado, por riba do resto dos escritores galegos, a tres poetas: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez, que seguen a ser considerados hoxe as tres figuras máis destacadas da literatura galega do seu tempo. Pero, lamentablemente, non podemos tirar conclusións neste sentido da publicación do D i ccionario de escritores gallegos por dúas razóns, que hai que engadir á súa precipitación na elaboración das voces publicadas: o feito de estar inconcluso (remata en Freyre Castrillón, letra ?f?, e, en consecuencia, só se inclúen xuízos acerca da primeira; pois Curros aínda non iniciara a súa carreira literaria nesta altura); e a data temperá na que se redactou, cando o seu autor aínda non tiña ben perfilado o seu proxecto nin as súas ideas. Malia isto, si atopamos xa moitas das súas ideas literarias e varias claves do seu pensamento. O que está fóra de toda dúbida é que Murguía, a diferencia doutros autores, sempre tivo en mente que a literatura galega debía vehicularse na lingua de Galicia, pero era consciente da fase na que estaba, é dicir, da precariedade do momento, e de que andando o tempo ese ideal podería chegar a converterse nunha realidade. Cos anos, as súas declaracións serán cada vez máis explícitas, así o 15 de agosto de 1896 (LaVoz de Galicia, ?A don Juan Valera?) responderá deste xeito á pregunta de Valera acerca de por qué quere o galego converterse en lingua literaria: ?Los poetas gallegos para hacerse poetas modernos y europeos se vieron obligados a abandonar el uso de una lengua que los ligaba para siempre a lo artificial y convencional de una poesía en que la rotundidad del metro y el rumor de las palabras parecen ser lo esencial. Para sacudir, pues, su yugo y poder expresar, como hombres, sus sentimientos de gente civilizada, tuvieron que usar el idioma materno. El castellano no les servía?. Máis adiante, en 1907, no Discursocontestación a Parga Sanjurjo con motivo da súa recepción como académico de número (Boletín de la Real Academia Gallega nº 1617), afirmará: ?Diríase, con razón, en vista de este fenómeno, que fue necesario el predominio del habla provincial en la producción literaria, para que ésta