MANUEL MURGUÍA
165
Nesta obra, Murguía alude ós problemas que había que afrontar para levar a cabo este proxecto (o de recuperalo pasado para construílo futuro): ?por más que en nuestro carácter como escritores, en nuestras tendencias y estilo, existan latentes los gérmenes poderosos de una escuela poética distinta de la castellana, es lo cierto que nadie pensó en formular el nuevo dogma, en señalarle rumbo, en ser, en fin, el maestro de esa escuela que, cuando no existió, no existirá jamás, porque es demasiado tarde para ello?. Este pesimismo debíase ó carácter prematuro do momento, pero a situación literaria de Galicia cambiaría radicalmente a partir desta data (un ano despois da redacción deste texto introductorio, Rosalía publicaría C a n t a res Gallegos) e Murguía recuperaríase do seu derrotismo anterior, pois é precisamente el quen asume as funcións de delimitalo terreo da literatura galega, e contribuír a definila e a promovela. ¿COMO CONCIBE MURGUÍA A LITERATURA GALEGA? A obra, ou o fragmento da obra que se chegou a publicar, segue, en tanto que diccionario, unha orde alfabética, o que lle confire un carácter fragmentario. Non vai haber, por conseguinte, análises da literatura galega no seu conxunto, senón que o máximo que podemos extraer dela son algunhas ideas e razoamentos, máis ou menos explícitos, vertidos ó tratar de determinados autores. No libro obxecto do noso estudio, Murguía considera integrantes da literatura galega as obras ?en galego ou castelán? daqueles escritores nacidos no territorio galego, limitado este ós lindeiros da súa propia época. O que resulta máis sorprendente para nós visto desde a actualidade é que non teña en conta o criterio lingüístico nin sequera para aquelas obras efectivamente escritas en galego, como as dos trobadores medievais, no caso de que os seus autores naceran fóra de Galicia, pois sendo así non as consideraría como literatura galega. E argumenta que o fai para non entrar en disputas por causa dun autor con outro país ou rexión. A literatura galega que Murguía contribúe a definir ó longo de toda a súa vida (non nos referimos agora ó Diccionario de escritore s, senón a traballos posteriores) conta cuns modelos capaces de servir de exemplo que imitar por