164
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
miente [é dicir, Murguía proponse ser imparcial nos seus xuízos], por eso al llevar nuestra piedra al monumento de la historia provincial, hemos recogido todos sus fragmentos y escrito este libro?; e pola súa vez formaría parte dun proxecto máis amplo, que abranguería a totalidade dos aspectos implicados na rehabilitación do país. No devandito artigo destácase que é a primeira obra desa clase en vela luz e que pertence á hora da rexeneración de Galicia. Tres anos despois, no ?Prólogo? á Historia de Galicia (1865), atopámola seguinte reflexión de Murguía verbo do D i c c i o n a r i o d e e s c r i t o re s g a l l e g o s: ?¡Carecemos de un Diccionario y de una Gramática gallega! [nunha edición posterior citará, en nota a pé de páxina, a aparición da G r a m á t i c a g a l l e g a de Saco y Arce e o D i c c i o n a r i o g a l l e g o de Marcial Valladares] y la bibliografía de Galicia, será más conocida a lo adelante, gracias a los esfuerzos (nos vemos con sentimiento obligados a decirlo) que hacemos, publicando el D i c c i o n a r i o de escritores gallegos. Y con tales obstáculos ¿es posible que se adelante en el conocimiento de la historia patria??. O que está dicindo é que non é posible coñecela historia dunha nación se non se coñece o seu idioma, así como os seus escritores e a súa historia literaria. Como estamos a ver, o Diccionario de escritores gallegos obedece ó proxecto de recuperación da historia e do pasado, por iso lle interesa tanto a literatura a un historiador coma Murguía. Así o manifesta no texto introductorio (a ?Advertencia? do Diccionario de escritores gallegos): ?La literatura de un país, no es en rigor más que una fase de su historia, una manifestación clara y terminante de su cultura; por eso mismo tenía un puesto en mi libro? (concepto culturalista de literatura, que non é un campo do saber perfectamente delimitado senón un eido máis que estudiar polo erudito para abranguela totalidade do coñecemento humano); así, este diccionario ?debía ser un apéndice á la historia general de este reino...?. E deixando a un lado a historia para centrármonos no eido exclusivamente literario, a elaboración do D i c c i o n a r i o responde á intención de rescatala historia literaria de Galicia, pois os nomes dos escritores galegos do pasado perdíanse no esquecemento. Ademais, coa publicación do D i c c i o n a r i o, Murguía propúñase entre outras cousas defendela literatura galega dos tópicos que circulaban na época acerca do escaso ou nulo cultivo literario na nosa ?rexión?, así como da acusación de carecermos de poetas.