BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
sión da terminoloxía xerada, senón que esperamos que repercuta beneficiosamente na diminución das consultas puntuais realizadas ao servizo, xa que moitas das dificultades que lles xurdan aos usuarios da terminoloxía poderán ser solucionadas por eles mesmos mediante a consulta das bases de datos. ? Seminario de Gramática, creado no ano 2000. Directora: D.ª Rosario Álvarez Blanco. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: Gramática Galega O equipo integrado por Rosario Álvarez Blanco (IP) e os académicos correspondentes don Francisco A. Cidrás Escáneo, don Ernesto X. González Seoane, don Xosé Luís Regueira Fernández e don Xosé Xove Ferreiro continúa cos traballos de redacción da Gramática Galega, na liña descrita en anteriores informes. A magnitude da empresa xustifica, en parte, o atraso con respecto á previsión inicial, segundo ca cal a obra debería estar a piques de entrar no prelo. Durante o ano 2006, avanzouse de forma especial na descrición dalgúns aspectos sintácticos relevantes e na formación do léxico. Base de datos de construcións verbais do galego moderno Asemade segue desenvolvéndose a base de datos de construcións verbais do galego, en colaboración co ILG. Forman o quipo, ademais dos investigadores citados, don Xulio C. Sousa Fernández (ILG) e dona María Pereira Maceda (bolseira do Seminario). O proxecto ten como finalidade a descrición das estruturas sintácticas do galego a partir do núcleo oracional, o verbo; o corpus de que se parte consta duns 100.000 rexistros seleccionados entre o material ofrecido polo Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). A descrición, bastante detallada nos aspectos sintácticos e semánticos, permitirá un uso moi amplo e diferenciado da base de datos. Á parte desta utilidade xeral da base, o obxectivo primeiro do equipo céntrase na descrición dos verbos galegos tanto no relativo ás súas acepcións coma no que se refire ás súas construcións sintácticas, con vistas á elaboración dun dicionario de verbos, que á súa vez se encaixa dentro dos traballos lexicográficos realizados no seo do ILG e da RAG. Durante o ano 2006 foron analizados e procesados os rexistros de 10 verbos (comezar/comenzar, iniciar, empezar, principiar, rematar e acabar; falar, chamar e dicir), que supoñen un total de 6.455 ocorrencias no corpus. Ademais, María Pereira Maceda (bolseira) realizou os seguintes traballos, con base nos datos do Seminario: ?Aproximación ao estudo do complemento directo de ver no galego actual: posibles realizacións?`, ?Primeiros pasos para o estudo do comportamento sintácticosemántico dos verbos de percepción no galego moderno? e ?Un caso de variación no galego moderno: posibles realizacións do complemento directo cos verbos de percepción oír e escoitar?.
Nº 368
298