Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
2006 ou xaneiro de 2007. Neste vocabulario utilízanse as seguintes linguas de traballo: galego, inglés, español, francés e portugués. ? Continuouse traballando no Vocabulario de márketing, coas seguintes linguas de traballo: galego, inglés, español, francés, portugués. ? Séguese incrementando a base de datos do Vocabulario da Automoción, coas seguintes linguas de traballo: galego, español, inglés, francés, portugués, italiano e catalán. ? Estase revisando o Vocabulario do fútbol, coas seguintes linguas de traballo: galego, español, catalán, francés, inglés, portugués e italiano ? Prosegue a actualización e revisión do Vocabulario da música e dos instrumentos musicais, coas seguintes linguas de traballo: galego, inglés, español, francés, portugués, italiano, alemán, catalán. ? Continuouse coa revisión e actualización da base de datos de Hostalaría, gastronomía e alimentación que conta xa con máis de 3.900 entradas. ? Continúa o proceso de elaboración do Léxico de oficios e profesións, que consta actualmente con 2.800 entradas. ? Iniciouse o baleirado dunha base de datos de Taxinomía botánica, que consta actualmente de 4.300 termos e equivalentes nas principais linguas peninsulares xunto con inglés, francés e alemán. ? Iniciouse a elaboración para o galego do Léxico da SIDA, dentro da Rede Limiter, en colaboración con outros organismos (Termcat...) que traballan sobre este léxico noutras linguas. Este léxico conta neste momento con aproximadamente 400 termos. ? Preparáronse diversos trípticos referidos a áreas temáticas concretas (comidas do mundo, especias e condimentos, utensilios de cociña, froitas exóticas e tropicais) co obxectivo de difundir a terminoloxía específica destes campos. 4. Participación en eventos Termigal participou no Cumio mundial de terminoloxía, organizado pola EAFT e a Unión Latina, en Bruxelas, os días 13 e 14 de novembro, cunha intervención sobre o tema ?Problemas maiores nas linguas menores?. Termigal presentou un relatorio nas Xornadas sobre Relacións laborais e lingua, celebradas na Facultade de Relacións Laborais da Universidade de Santiago de Compostela o día 23 de novembro, sobre os recursos terminolóxicos para as relacións laborais. Intervención didáctica no programa da Radio Galega Un mundo de palabras dirixido por Edith Pazó onde se fixo unha exposición do que é a actividade de Termigal e a necesidade do estudo da terminoloxía científica galega para a produción científica en galego. 5. Informatización Coa fin de dar a coñecer dunha maneira máis efectiva o traballo terminolóxico do Servizo, estase traballando na uniformización da estrutura das bases de datos elaboradas en TERMIGAL, de maneira que se poidan fusionar e facelas consultables a través de Internet. Isto non só facilitará a difu297 Nº 368