BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
? Revisión e avaliación da versión galega do paquete ofimático Open Office. ? Revisións e asesoramento terminolóxico para o Glosario de termos para a avaliación de linguas. 2. Resolución de consultas terminolóxicas e lingüísticas De conformidade cos obxectivos iniciais de TERMIGAL de facilitar e coordinar a normalización terminolóxica de neoloxismos, este servizo ofrece axuda na resolución de consultas terminolóxicas que chegan a través do teléfono ou do correo electrónico diariamente. Entre xaneiro de 2006 e novembro deste mesmo ano chegaron ao servizo de TERMIGAL máis de 1000 consultas terminolóxicas pertencentes a multitude de ámbitos científicos. Aínda que moitas destas consultas se resolveron satisfactoriamente, aínda queda unha elevada porcentaxe delas pendentes de sanción, polo que a súa resolución é provisional. A orixe destas consultas é variada, algo que se xustifica pola condición pública deste servizo. Os principais usuarios do servizo foron, por orde decrecente, diversos organismos dependentes da Xunta de Galicia, tradutores particulares e empresas de tradución, Servizos de Normalización Lingüística, tanto de concellos como de institucións privadas, etc. Os ámbitos científicos que presentaron un maior volume de traballo foron a Botánica e a Zooloxía, as distintas Industrias (madeira, metalurxia, artes gráficas), as Ciencias da Terra e do Medio (Ecoloxía, Medio, etc.), a Alimentación, gastronomía e hostalaría e a Economía e a Empresa. Tamén neste período se realizou unha reorganización da estrutura da base de datos, en especial dos campos relativos ás áreas temáticas, usuarios e categorías gramaticais, así como unha simplificación xeral dos principais campos e contidos da base. Como se comentou ao comezo deste apartado, a frecuencia destas consultas é diaria e a información que se obtén coa investigación previa á resolución das mesmas recóllese nunha base de datos de dúbidas frecuentes que contén neste momento unhas 2.500 entradas. 3. Elaboración de léxicos específicos Entre as actividades fundamentais do Servizo de Terminoloxía Galega está a elaboración da chamada terminoloxía sistemática, destinada a ofrecer dicionarios e léxicos sobre distintos ámbitos de especialidade, que permitan a utilización do galego dunha maneira fluída nos distintos campos da ciencia e da técnica. No ano 2006 publicouse o libro Os nomes galegos dos elementos químicos, resultado dun traballo interdisciplinar entre un grupo de profesores da Facultade de Químicas da Universidade de Santiago e o Servizo de Terminoloxía Científicotécnica. Nesta obra non só se propón a terminoloxía correcta en lingua galega para os elementos químicos, senón que se realiza tamén un estudo sobre a orixe e vicisitudes históricas de cada un dos nomes. ? Continúa o proceso de elaboración terminolóxica do Léxico da empresa, que actualmente conta con máis de 6.000 termos, e está previsto rematar a parte relativa aos Recursos Humanos en decembro de
Nº 368 296