Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
A Secretaria Xeral de Política Lingüística Consellería de Presidencia solicitou a colaboración na elaboración de dúas enquisas para a recolleita de datos sociolingüísticos referidos aos responsables dos equipos de normalización lingüística dos centros de ensino e dos concellos: Enquisa para os responsables dos ENL dos centros de ensino. Enquisa para os responsables dos ENL dos concellos. 5. Outras investigacións e publicacións Por outro lado, o Seminario de Sociolingüística vén colaborando en proxectos de investigación con proxección internacional sobre diferentes aspectos de interese sociolingüístico. Froito dese labor é o estudo sobre actitudes lingüísticas en contextos bilingües e trilingües realizado nas comunidades con lingua propia dentro do estado español e noutros contextos europeos con semellantes situacións lingüísticas (Gales, Bretaña, Flandres, Malta, Irlanda e Frisia). A publicación deste traballo leva por título Multilingualism in European Bilingual Contexts. Clevedon: Multilingual Matters; D. Lasagabaster e A. Huguet (ed.). O equipo de investigadores do Seminario de Sociolingüística da RAG é responsable do capítulo ?Language Use and Language Attitudes in Galician? (publicado en decembro de 2006). 6. Consultas a peticións sobre datos do MSG92 e outras publicacións do Seminario de Sociolingüística Ademais destes traballos de investigación e asesoramento realizados, o Seminario de Sociolingüística tamén deu resposta a diferentes peticións sobre datos estatísticos referidos ao MSG92, tanto por parte de institucións, coma a realizada polo Concello de Ferrol ou a Confederación de Empresarios de Galicia, como de particulares, que tamén solicitaron información sobre outras cuestións sociolingüísticas. ? Servizo de Terminoloxía CientíficoTécnica en lingua galega (TERMIGAL), creado en 1996. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: 1. Traducións de textos desde diversas linguas ao galego e revisións terminolóxicas. Entre xaneiro de 2006 e novembro deste mesmo ano, o Servizo de Terminoloxía Galega realizou multitude de actividades relacionadas coa tradución de textos de índole varia. A principais traducións encargadas a este servizo foron: ? Tradución do proxecto ?DNI electrónico?, que consistiu na versión galega da documentación relacionada co DNI electrónico elaborada pola policía para informar os usuarios. ? Tradución dos números 13, 14 e 15 da publicación ?A voz do Porriño? e doutros documentos de índole diversa (contratos, documentación interna etc.) vinculados á empresa AstraZeneca. ? Asesoramento terminolóxico para a tradución dunha páxina web sobre economía.
295 Nº 368