Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2006
Foi dedicado ao recoñecido autor, ex presidente da Real Academia Galega e galego egrexio, Manuel Lugrís Freire. Os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas transcorreron no Auditorio do Museo Carlos Maside (O Castro de Samoedo ? Sada), coa intervención dos Excmos. Sres. Académicos: ? Excmo. Sr. D. Xosé Luís Axeitos Agrelo ? Excmo. Sr. D. Xosé Neira Vilas ? Excmo. Sr. D. Xesús Ferro Ruibal ? Pechou o acto o Excmo. Sr. Presidente da Real Academia Galega, D. Xosé Ramón Barreiro Fernández SECCIÓNS DA REAL ACADEMIA GALEGA I. Sección de Lingua: componse dos seguintes seminarios: ? Seminario de Lexicografía creado en 1983. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: Dicionario da Real Academia Galega 1. Realizouse a redacción de 300 novas entradas, pendentes do lemario establecido no plan da obra, ao que se lle engadiron 672 novas para completar certas familias léxicas e para incorporar algunhas voces non previstas de carácter científico e técnico que consideramos conveniente introducir xa que se trata de termos que aparecen no uso escolar de ensino medio. 2. Continuouse coa revisión da microestrutura das entradas da edición anterior do dicionario, incrementando de maneira significativa o número de acepcións novas, e redistribuíndo as acepcións en función destas novas incorporacións.
293 Nº 368