BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
Manuel Lugrís Freire por Mauricio Farto e coa sinatura autógrafa de Urbano Lugrís. Este documento en orixe foi doado por Urbano Lugrís ao pintor Alejandro González Pascual. O 5 de setembro de 2006, Dna. Leonor Canosa Canosa doou varios libros, unha sella e un escudo de Galicia en pedra. O 27 de outubro de 2006, D. Luís Alonso Girgado doou importante material fotográfico da que foi académica correspondente Dna. Pura Vázquez. O 14 de novembro de 2006, D. Luís Alonso Girgado doou fotocopias de documentación epistolar dirixida a Ricardo Carballo Calero e de Ramón Piñeiro a diversos intelectuais galegos. O 13 de decembro de 2006, D. Enrique de Arce Temes depositou na Real Academia Galega un cadro do que foi Inquisidor Xeral, Ramón José de Arce. O 15 de decembro de 2006, Dna. Soledad Bordas, neta de D. José Ibáñez Fernández, fai doazón ao Arquivo da Real Academia Galega dun conxunto de documentos pertencentes ao seu avó, entre os que cómpre salientar: ? As primeiras edicións dos seus textos dramáticos ? Un conxunto de poemas manuscritos ? Un exemplar do Diccionario galego da rima e galegocastelán, con correccións autógrafas do autor ? Unha colección de partituras musicais PUBLICACIÓNS ? CABANA YANES, D. X. De Manuel María a Ferrín: a grande xeración. A Coruña: RAG, 2006. Discurso de ingreso. ? Galicia, a forza da palabra. Centenario da Real Academia Galega: [catálogo da exposición]. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 2006. ? RODRÍGUEZ RUIBAL, E. Do escénico e o fílmico: notas sobre a linguaxe teatral no cinema contemporáneo. A Coruña: RAG, 2006. Discurso de ingreso. ? VILLARES, R. Fuga e retorno de Adrián Solovio : sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista. A Coruña: RAG, 2006. Discurso de ingreso.
Nº 368
306