BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Crónica
que descubriu e exhumou Xosé Filgueira Valverde en 1947 (Cuadernos de Estudios Gallegos\). O profesor Pensado, que valoraba altamente o achado e a edición de Filgueira Valverde, entendía que un glosario destas características \(a primeira peza da nosa Lexicografía\) esixía, nesta altura, unha nova lectura e novas anotacións. Supoñemos que, conclusos ou a medio facer, deixou o profesor Pensado outros traballos, moitas páxinas que non deberían ser inéditas por moito tempo. José Luis Pensado Tomé fixo Lingüística sempre con criterios académicos e estrictamente profesionais. As palabras, obxecto da súa ocupación tenaz e da súa paixón de filólogo puro, eran examinadas polo profesor Pensado cun rigor totalmente alleo a modas políticas e a oportunismos. Versado como poucos en tantas pólas da Lingüística Románica, foi un sabio en materia de Léxico galego, eido no que as súas aportacións aínda non foron valoradas axeitadamente. O día 16 de decembro do ano 2000, data do pasamento do profesor José Luis Pensado Tomé, a Lingüística perdeu un dos seus grandes traballadores. Ese día foi un día de loito, especialmente, para a Lingüística Galega.
XESÚS ALONSO MONTERO
Nº 362
332