Crónica
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
meiro, o que é mágoa. (De feito, só examina neste volume o Diccionario gallegocastellano de F. J. Rodríguez, impreso no ano 1863). Interesado, como moi poucos, no léxico do noso idioma, e especialista, como ninguén, nos nosos lexicógrafos, asomouse a outras parcelas da nosa Lingüística, en ocasións con traballos sobre aspectos moi polémicos, como o que titulou (en colaboración con Carmen Pensado Ruiz, filla súa) ?Gueada? y ?geada? gallegas (Universidade de Santiago, 1983). Nas súas colaboracións en revistas científicas, volumes de homenaxe e misceláneas filolóxicas atopamos valiosas incursións do profesor Pensado nas dimensións non léxicas do galego. Sáibase que o número de artigos aparecidos nestas publicacións ascende a cento dezaseis (precisión que debo ó profesor Xosé Luís Axeitos). Como outros grandes lingüistas, Pensado Tomé é un home que procura as orixes, fonte e clave, moitas veces, de tantos fenómenos lingüísticos de hoxe. Faino cando estudia as recolleitas dos primeiros lexicógrafos do galego; faino cando exerce de etimológo (Estudios etimológicos galaicoportugueses, Acta Salmanticensia, 1965), e faino cando edita textos medievais que están no inicio da prosa literaria galega (Miragres de Santiago, Madrid, CSIC, 1958); Fragmento de un ?Livro de Tristán?..., Santiago, Instituto P. Sarmiento, 1962). Pensado, rigoroso na páxina e na cátedra, meticuloso sempre, soubo levar ás páxinas dos xornais temas e problemas de Lingüística galega, asuntos, algunhas veces, tratados por primeira vez. Pola súa colaboración en La Voz de Galicia foi galardoado en 1984 co Premio Fernández Latorre. Nunca un xornal, un periódico diario, acollera artigos filolóxicos con tanta erudición e con tantas novidades e, asemade, expostos con interese e, mesmo, amenidade. A mesma empresa, La Voz de Galicia, publicou en dous volumes estas páxinas: El gallego, Galicia y los gallegos a través de los tiempos (1985), que suscitou unha reseña de Kurt Baldinger, e Galicia en su lengua y sus gentes (1991). Nestes dous volumes, aptos tamén para non lingüistas, abundan as páxinas esclarecedoras sobre o galego dos Séculos Escuros e non escasean as observacións sociolingüísticas, algunhas das cales haberá que ter moi en conta. O lingüista Pensado Tomé ocúpase, non circunstancialmente, doutras áreas lingüísticas, especialmente do leonés (na concepción de Menéndez Pidal), e, dentro deste dominio, do asturiano, razón pola cal foi nomeado membro de Honra da Academia da Llingua Asturiana o 24 de xullo de 1984. Xa dentro da nosa área idiomática, editou, ademais do material léxico dos grandes lingüistas do XVIII, curiosos e interesantes Vocabularios, desde o anónimo ?Vocabulario gallego del siglo XIX?, que publicou en 1958 (Homaxe a R. Otero Pedrayo, Galaxia) ata Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de Agricultura, al castellano (18401858), aportación que ofreceu á nosa Academia, que a publicou no anexo 2 de Cadernos de Lingua (1995). Cónstanos que tiña feita a edición e a anotación do primeiro corpus léxico do galego, o do bacharel Olea, vocabulario de comezos do XVI
331
Nº 362