BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Crónica
tres grandes aportacións de Sarmiento ó estudio do léxico (e da etimoloxía) do idioma galego. Estas tres edicións serían dabondo, non só para definilo extraordinario lingüista que foi Sarmiento, senón para consagrar ó profesor Pensado como investigador. Pero hai outros Sarmientos, fóra do eido da Lingüística galega, que Pensado descubriu a lingüistas doutras áreas. Repárese no volume Elementos etimológicos según el método de Euclides (Fund. Barrié de la Maza, 1999) ou no extenso traballo, publicado no noso Boletín, en 1972, ?Discurso apologético por el arte de rastrear las más oportunas etimologías de las voces vulgares?. Os libros e os traballos lingüísticos do Padre Sarmiento, algúns editados hai tempo con non poucas eivas, foron publicados nestes últimos anos, polo profesor Pensado os éditos e os inéditos, co saber e o coidado que esixe un ?monstro? das características do singular lingüista galego do século XVIII. Desta singularidade algo dixo Fernando Lázaro Carreter na súa tese de doutoramento (Las ideas lingüísticas en España durante el siglo XVIII, Madrid, 1949), tese que non se beneficiou dos textos exhumados por Pensado ou por el reeditados coa pericia filolóxica debida. Lingüista, Pensado, de vocación e oficio, debruzouse sobre outras parcelas da poligrafía do inmenso Padre Sarmiento, e aí están a edición de La educación de la juventud (Xunta de Galicia, 1984), Noticia de la verdadera patria (Alcalá) de Miguel de Cervantes (id., 1987), De los atunes y de sus transformaciones y sobre el modo de aliviar la miseria de los pueblos (Universidad de Salamanca, 1992) e os Escritos geográficos (Xunta de Galicia, 1996). Cómpre sinalar que nestas incursións, que van da Pedagoxía e a Literatura ata a Economía e a Xeografía, o Padre Sarmiento, a quen nada do lingüístico lle era alleo, fai observacións lingüísticas que o profesor Pensado, lingüista fundamentalmente, examina con proveito para todos. Os ilustrados galegos do XVIII, como pioneiros da nosa Lingüística, interesaron a fondo ó investigador Pensado Tomé, moi consciente de que a Lingüística galega a estrictamente galega nacía con eles. Aí está a súa edición dos Opúsculos lingüísticos gallegos (Vigo, Galaxia, 1974), onde exhuma páxinas do Padre Sobreira, outro frade bieito sabio, e as Cartas del Padre Sobreira a Gómez Ortega y Cornide (Ediciós do Castro, 1983), que o profesor Pensado editou coa colaboración de Xosé L. Axeitos, que foi alumno seu na Universidade de Salamanca. Hai outras incursións na erudición lingüística galega do século XVIII, entre as que cómpre subliñala edición das Papeletas de un Diccionario gallego, obra do Padre Juan Sobreira (Instituto de Estudios Orensanos P. Feijoo, 1979), lingüista case totalmente descoñecido antes dos traballos do profesor Pensado e agora estudiado perfectamente como lexicógrafo e paremiólogo. Quen, coma o profesor Pensado, coñece tan ben o labor dos lexicógrafos galegos do XVIII, labor no que non escasean as páxinas clásicas da nosa Lexicografía, estaba en condicións óptimas para achegarse, criticamente, ós diccionarios galegos do XIX, tarefa que acometeu nese prodixio de sabedoría e precisión que é a Contribución a la crítica de la Lexicografía gallega (Acta Salmanticensia, 1976), da que só publicou o volume pri
Nº 362
330