Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
illas Cíes, as Cicas das fontes clásicas, que proviña do fenicio cicynoth ou ?enseada das fontes? (outra etimoloxía que estaba inspirada por Bochart)... Porén, o propio Sarmiento non se amosaba completamente satisfeito con estas explicacións etimolóxicas conxecturais e advertía que non facía senón ?xogar? coas palabras, seguindo os métodos e as especulacións de Samuel Bochart. Como noutras ocasións, deixaba claro que o fío das súas ?divagacións? etimolóxicas non implicaba necesariamente unhas hipóteses históricas serias. Nembargantes, malia esas advertencias, non é menos certo que Sarmiento sempre tivo como certas as navegacións comerciais de fenicios e cartaxineses polas costas galegas. Nisto seguía en parte a tradición historiográfica anterior, que xa dende o século XVI, con Florián de Ocampo, localizara as viaxes do cartaxinés Hilmicon polas augas de Galicia. Aínda que tamén anunciaba o particular interese que a historiografía galega do XIX sentirá pola presencia feniciopúnica no país. Por exemplo, semella que foi Sarmiento o primeiro en procurar nos topónimos galegos verbas de ascendencia fenicia ou cartaxinesa (algo que será moi habitual nos historiadores decimonónicos); ou en atribuír unha orixe oriental, e polo tanto anterior aos romanos, a certas construccións supostamente moi antigas, como o faro da Lanzada (atribución que máis tarde se converterá nunha especial teima para autores como Manuel Murguía). Celtas Do mesmo xeito, é posible concibirmos a Sarmiento como unha ponte entre a ?prehistoria? do Celtismo galego propia da historiografía anterior ao XVIII e o medre espectacular que este experimentou durante o século XIX, convertido xa por entón na peza central da historia e da identidade galegas. Tendo en conta que foi el quen no século XVIII concedeu unha meirande atención aos antigos celtas habitantes de Galicia, e que asemade presentou en xermolo teorías e achegamentos ausentes nos anticuarios que o precederan mais que acharemos desenvolvidos nos celtistas do XIX, non creo trabucarme se cualifico a Sarmiento de verdadeiro ?precursor? do Celtismo galego. E isto a pesar de que a súa influencia no desenvolvemento do mesmo é dubidosa, pois moito do que escribiu verbo dos celtas ficou sen publicar e foi escasamente coñecido por contemporáneos e sucesores. Sen embargo, é polo carácter de ?precursor? que me deterei máis polo miúdo nas súas opinións. En numerosas ocasións, nos escritos máis diversos, Sarmiento sinalou aos celtas como habitantes da Galicia preromana, a carón dos gregos e dos poboadores orixinais do país. Os celtas das Galias entraron na Península Ibérica cruzando os montes Pireneos e no centro da mesma xuntáronse cos iberos, dando lugar ao pobo dos celtiberos. Finalmente, algunhas desas xentes celtas chegaron ata o noroeste peninsular, onde se asentaron dando lugar a diferentes agrupacións Célticos, celtas Nerios, celtas Præsamarcos, Ártabros ou Arotrebas, etc. que se localizaban nas rexións setentrionais do
151 Nº 363