16.11.06 / 16.02.07
primeira.? Galicia crea a súa identidade (Contra a desmemoria os galegos preservan a identidade. Renunciamos á reconquista, pero participamos na construción de Europa. A forza dunha cultura: a lírica medieval. A doma de Galicia. A construción do imaxinario castelán: Reino e lingua. Vilipendio e menosprezo de Galicia. A reposta da aristocracia. Os intelectuais e a apoloxía da Galicia. A fidalguía asume a representación e defensa de Galicia). Parte segunda. ? Galicia descobre a súa identidade (O Estado liberal. Intentos para borrar a Galicia do mapa. A resistencia organizada: A xeración de 1846. O rexurdimento literario. O rexionalismo. A emigración galega asume a identidade). O lúcido estudo remata en 1906 coa constitución da Real Academia Galega. No segundo aspecto, hai que sinalar o 'Discurso conmemorativo e proceso construtivo polos lugares da memoria', de Xosé Luís Axeitos Agrelo, que dá paso á estrutura temática e material da mostra propiamente dita nos apartados 'O discurso da configuración do país' e 'Galicia, nación literaria', que ocupan respectivamente o segundo e o primeiro andar do edificio. Cómpre recoñecer que Xosé Luís Axeitos foi un incansábel coordinador e xestor desta difícil exposición, en estreita colaboración con Pepe Barro (do Grupo Revisión Deseño, autores do proxecto) e un destacado equipo de asesores e documentalistas, así como de numerosas institucións e particulares que a fixeron posíbel. Especial referencia e gratitude merece o xeneroso patrocinio da Caixa Galicia, personalizada cando a sinatura do convenio polo seu director xeral José Luis Méndez, quen manifestara que ?os galegos que pensamos e escribimos en galego temos unha maneira de mirar o mundo que enriquece tamén ós que non son galegos. E iso é o que amosa a forza da palabra, que é sempre a forza dun pobo?.
El Correo Gallego, 17 de decembro de 2006
149
Nº 368