16.11.06 / 16.02.07
formar goberno de concentración republicana con Giral. Acolá, o Cancioneiro da Ajuda en manuscrito real. E o foral de Afonso VIII ao burgo do Castro de Caldelas como amósega dos primeiros documentos xurídicos en galego. E non todo ían ser letras: tamén está o sabre do Coronel Solís, heroi romántico da revolución galega de 1846 na que a idea de Galicia como Nación, si, e tamén como Colonia da Corte, nacía. Ese sabre, na Coruña mellor que en ningures, representa o pulo liberal, progresista, modernizador e laicista do protonacionalismo galego do século XIX que aínda modula os ritmos sentimentais do nacionalismo galego contemporáneo. Vexan que a exposición coruñesa do centenario da Academia fala ben pouco da Academia, como corresponde ao estilo actual da súa presidencia e xunta de goberno. Fala todo da Historia de Galicia no ano que foi prescripto como Da Memoria. Galicia foi desposuída dos seus símbolos e dos seus lugares memorábeis polo ensino oficial de masas e polo discurso histórico do asimilismo español. Esa negación das insignias e dos iconos e dos logotipos é unha negación do que verdadeiramente ocorreu en Galicia no pasado. Negacionismo que ten un obxectivo estratéxico: dificultar que os galegos do presente e o futuro poidan gobernarse plena e totalmente a si mesmos. A exposición dos cen anos da Academia é subversiva porque fai emerxer do esquecemento símbolos terríbeis que, interpretados á luz de Razón, devolven a saúde. Coma na psicanálise.
La Opinión, 18 de decembro de 2006
147
Nº 368