25.07.06
sendo nós mesmos enriqueceremos os demais pobos do Estado, de Europa e do mundo. Defendermos a lingua galega, que é a espiña dorsal da nosa cultura, e poñermos todo o noso empeño, ata a extenuación, no seu estudo, na súa divulgación, no seu uso. Loitaremos, como o fixeron os que nos precederon, pola construción dunha Galicia libre, democrática, laica e radicalmente galega, pero unha Galicia que non se peche sobre si mesma coma un ourizo, e tal e como fixo durante centos de anos asuma os valores que sexan conciliables coa súa cultura e sexa capaz de proxectarse, porque temos moito que dicir e mesmo que ensinar neste momento. E como escribiu Goran Björman no telegrama enviado dende Estocolmo o día que se constituíu a Academia: Vivat, floreat natio Galaica.
239
Nº 368