BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
obras que chegaron a ser expostas nunha exposición celebrada nos salóns do Faro de Vigo na cidade de Vigo na segunda quincena de maio de 1935. Unha mostra que estivo patrocinada pola sociedade viguesa Amigos del Arte, que presidía o artista tudense Eduardo Padín. A súa habelencia na combinación dos vellos deseños do románico galego coas novas sensibilidades do mundo moderno é unha das características deste traballo que logra unha especial proxección exterior, como recolle a revista Tude:
Actualmente el profesor y artista D. Benito Prieto Cussent, auxiliado por alguno de sus alumnos, se halla labrando un busto en granito del insigne literato D. Ramón María del Valle Inclán, para ser colocado en Santiago el próximo mes de mayo [de 1936]. Para esta fecha, en uno de los jardines de la Avenida del Instituto, se colocará un busto de Sócrates, también en granito, a cuyo acto se procurará dar el debido realce. Las revistas madrileñas Crónica y Oasis se han ocupado elogiosamente y con extensión de la labor que el profesor Prieto realiza con sus alumnos.
Unha aprendizaxe que logo lle serviu a Álvaro para promover dende a Serigrafía Galega, fundada en 1971, unha singular achega á difusión da arte contemporánea de Galicia. Pois tamén Álvaro colaborou, dende unha nidia vocación galeguista, na promoción da nosa cultura, especialmente, polo que nos atinxe agora, na súa participación na fundación da editorial Castrelos. Do mesmo xeito, a súa condición de tudense foi sempre mantida con especial orgullo a pesar das tráxicas circunstancias que lle rememoraban a vella cidade miñota.
A casa do Rollo, residencia familiar en Tui.
Nº 369
226