BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
na que figura como subdirector. Nos tres números desta revista publica diversos traballos: ?Camino de Santiago, crónica dunha excursión a Compostela?, ?Un apóstol tudense ? El P. Salvado, evangelizador de Australia?, ?Sobre el concepto de filosofía? e un breve relato en galego titulado ?Brétema?. Instalado en Vigo coa súa familia en 1942, aos cinco anos ocupa o cargo de Chanceler do Consulado do Uruguai ata a súa morte. Impulsor de numerosas iniciativas culturais como a fundación ?cos seus irmáns? da editorial Castrelos ou a colección de poesía Salnés, en editorial Galaxia, que dirixía xunto a Celso Emilio Ferreiro e Francisco Fernández del Riego. Habitual colaborador nos medios escritos (Galicia Emigrante, Nordés, Alba, Logos, Numen, Grial...) en numerosas oportunidades empregando o pseudónimo de Ronsel. Moitos destes traballos sobre todo en Galicia Emigrante estarán dedicados a Tui e ao Baixo Miño (e aborda temas como a lamprea, o meixón, contos, etc.). Autor dun poemario co seu irmán Xosé María, Poemas de ti e de min (1949) editado na colección Benito Soto, onde figura un belísimo poema dedicado ao rural tudense ou dun espléndido pregón das festas de San Telmo, que acreditan a súa querenza cara á cidade do Miño. ÁLVARO ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Nado en 1921, o máis cativo dos irmáns será tamén alumno do Instituto Segunda Enseñanza, creado en 1933 pola II República en Tui, e xa destaca naqueles anos polo seu traballo creativo, sendo un dos alumnos avantaxados do profesor daquel centro, Benito Prieto Coussent, que na súa aula de debuxo leva adiante un significativo labor educativo e cultural. No curso 193435, Álvaro, que cursa segundo ano, acada ?Sobresaliente con derecho a matrícula de honor? en debuxo. As aulas de modelado e debuxo realizan senlleiras
Alumnos de modelado do Instituto co busto de Valle Inclán, no centro o profesor Benito Prieto Cousent. Tomada de http://www.prietocoussent.com/archivos/biografia.html
Nº 369
224