Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
1974 funda o Movemento Socialista de Galicia (M.S.G.), fusionado máis tarde co P.S.G. (Partido Socialista Galego), abandonando o partido en 1979. Darío foi quen sostivo economicamente a familia tras a traxedia do fusilamento do pai e foi sempre o elemento de unión e catalizador de moitas das actividades dos seus irmáns. Foi tamén quen mantivo unha presenza física máis constante en Tui onde tivo consulta moitos anos e casa ata ben andados os anos sesenta. Tui foi unha constante nos seus anceios e mesmo nas súas achegas de investigador. Así en 1964 publica o libro Francisco Sánchez, El escéptico. Un gallego precursor en que reivindica a orixe tudense deste médico e filósofo do século XVI fronte ás pretensións do seu nacemento nas terras portuguesas de Braga. A este mesmo autor está dedicada a súa tese de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela cualificada con ?sobresaliente cum laude? no ano 1960. Conservou tamén a vocación xornalística do seu pai e colaborou en numerosos periódicos e revistas de Galicia e España: Galicia Emigrante, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Papeles de Son Armadans, Jornal de Noticias, etc. Finalmente foi autor de dúas novelas en castelán: El fracaso de Clayton (1938) ?traducida ao galego? e A las cinco en punto (1939), asinadas co pseudónimo de Lázaro Evia. Tras a chegada da democracia publica numerosos traballos sobre a época da guerra civil na nosa bisbarra: sobresaíndo ?Historias de la retaguardia nacionalista? que logra o 2º premio nun concurso de relatos convocado pola revista Historia y vida no ano 1975, e por aquelas datas publica unha serie de artigos en La Voz de Galicia, xornal no que era colaborador habitual, tituladas ?Historias de fuxidos? nas que recolle moitas das súas vivencias e experiencias naqueles anos mouros, emocionantes polas traxedias que recolle e pola solidariedade que xorde fronte ao drama da guerra e a represión. Darío Álvarez Blázquez foi un humanista na amplitude do termo, mantivo toda a súa existencia acesa a súa condición tudense a pesar dos desacougos vividos na vella cidade episcopal, participando en diversas actividades e iniciativas sociais e culturais. Foi pregoeiro das festas patronais de San Telmo no ano 1972 e co gallo desta festividade era un habitual colaborador da prensa diaria con artigos sobre a súa cidade natal. EMILIO ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Nado en Tui no 1914, foi estudante de bacharelato no Instituto de Segunda Enseñanza de Tui, cursando neste centro o quinto curso no ano 1935, xunto ao seu irmán Alfonso, logrando a cualificación de ?sobresaliente con derecho a matrícula de honor? en ?Psicoloxía e lóxica? e en ?Fisioloxia e hixiene?. No ano seguinte, ao cursar sexto curso, os alumnos de Ética e Dereito realizan un ciclo de conferencias, que abre Emilio Álvarez Blázquez cunha disertación sobre ?Federalismo?. Emilio naquel Instituto participa xunto co profesor Xesús Ferro Couselo na fundación e vida de Tude: revista editada por los estudiantes de Bachillerato del Instituto de Tuy,
223 Nº 369