BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
sublevadas o 26 de xullo, foi detido e sufriu un consello de guerra que culminou co seu fusilamento o 30 e outubro de 1936, xunto con outros cinco compañeiros. Unha traxedia que marcará a vida da familia Álvarez. Darío casou en Tui, o 15 de xuño de 1907, con María Blázquez Ballester que nacera en Cárdenas (Cuba) en 1881, filla do albaceteño Francisco Blázquez Parra e da cubana Ignacia Ballester, e que tras o retorno da familia da illa caribeña pasara a residir na casa duns familiares na cidade de Tui. Tiveron seis fillos: Darío (1910), Celso (1913), Xosé María (1915), Alfonso (1917), Emilio (1919) e Álvaro (1921).
O labor amoroso da súa nai, escribe seu neto Alfonso Álvarez Cáccamo, capaz de dedicarlles horas aos pequenos despois das duras e longas tarefas do fogar, narrándolles, como pan de cada día, contos e historias da súa nenez vividas nas plantacións dos seus avós na lonxana Cuba, a gracia con que debullaba as verbas, o seu sentido intelixente do humor que arrincaba os anacos positivos das vivencias cotiás e as recreaba máxicamente, estimularon decisivamente no(s) fillo(s) a capacidade de fiar palabras, de relatar feitos, de poetizar a vida nos aspectos que puidesen ser poetizables, e de enfrontarse aos acontecementos, terribles moitas veces, con valentía cando así o cumpría facer.
Velaí as dúas decisivas influencias dos seus pais: a militancia social e a sensibilidade poética que xorde en todos os irmáns Álvarez Blázquez. DARÍO ÁLVAREZ BLÁZQUEZ O primeiro dos irmáns Álvarez Blázquez nace na nosa cidade o 30 de setembro do ano 1910, tras estudar en Tui e facer o bacharelato por libre examinándose en Pontevedra cursa a carreira de medicina en Santiago, acadando a licenciatura no ano 1932, como médico especialista do aparato circulatorio e do aparato respiratorio. Tras establecerse como médico en Tui, accede a unha praza como tisiólogo por oposición no Patronato Nacional Antituberculoso; dende 1933 a 1936, ocupa a praza de tisiólogo no Centro Secundario de Hixiene Rural da Guarda. Médico con consulta propia en Tui entre 193242, asistía tamén a varias comunidades de pobres e colectivos como as Madres Doroteas, Hermanitas do Asilo de Ancianos Desamparados, as Encerradas, etc. Tamén ao pouco de licenciarse foi profesor auxiliar da cátedra de Ciencias Naturais no Instituto de Segunda Enseñanza tudense. Tras a súa marcha a Vigo en 1942, onde logo será médico en Pescanova, mantivo moitos anos a súa consulta tudense. Cómpre lembrar que estaba casado coa tamén tudense Carmiña Gándara e os seus fillos Darío e Alfonso naceron nesta vella cidade. Dende os anos mozos foi membro do Partido Galeguista e será o promotor da creación da agrupación local tudense, como anuncia o xornal A Nosa Terra en varios números da primavera de 1936, aínda que semella que dita agrupación non chegou a concretizarse. Non esqueceu a súa militancia política e en 1947 foi detido na cidade de Vigo xunto a varios profesionais por pertencer a U.I.L. (Unión de Intelectuais Libres), en
Nº 369 222