Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Dende a súa chegada a Tui, Álvarez Limeses foi un destacado persoeiro da vida social e política da cidade. A pouco da súa presenza en Tui xa participaba na actividade política tudense aliñándose coa oposición ao réxime ordoñista, ao Partido Conservador. Colaborador en numerosos xornais e revistas, mantendo algunhas sonadas polémicas, entre as que salienta a que o enfrontou, polo traslado do cemiterio tudense, a outra egrexia personalidade, o cóengo penitenciario da Catedral, Antonino Cerviño, que co pseudónimo ?El espectador curioso?, arremeteu dende o diario La Integridad contra Darío Álvarez, que comprobou como este xornal lle negou as súas páxinas e tivo de acollerse ás linotipias da Correspondencia Gallega de Pontevedra. Andando os anos foi redactor xefe daquel mesmo diario católico La Integridad que abandona para participar na creación e vida do semanario La Opinión, xurdido en oposición ao semanario ordoñista El Aloya que dirixía Venancio Lorenzo. Neste semanario participaba tamén o médico do Porriño Paz Varela ou o avogado tudense Manuel Cela. Xa nos anos de estudante fora un dos fundadores do Boletín de Medicina e Cirugía, e andando os anos foi tamén colaborador doutras publicacións como La Correspondencia Gallega, de Pontevedra, El Vencejo de Tui, Caza y pesca ou España cinegética de Madrid, El Pueblo Gallego, de Vigo, etc. D. Darío participou moi activamente na vida social tudense sendo, entre outras cousas, promotor do Orfeón da Sociedade Artística, fundador da sociedade de caza La Venatoria, directivo do equipo de fútbol Racing Club, animador de innumerables actos, como, por exemplo, os conmemorativos do milenario do martirio do neno mártir San Paio, impulsor da chegada do teléfono a Tui... e de moitas actividades sociais, culturais e humanitarias. Mantivo sempre a súa condición de católico. No político era militante de Izquierda Republicana, de Manuel Azaña, e aínda que foi sempre un afervoado republicano non ocupou cargos públicos. Era sempre un destacado participante nas actividades do Centro Republicano tudense, especialmente nas celebracións conmemorativas do 14 de abril. Esta dimensión pública da súa actividade: compromiso político, divulgación periodística, a súa xenerosa colaboración con numerosas iniciativas de carácter social... foi unha constante tamén herdada polos seus fillos Tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 Darío Álvarez Limeses colaborou co Comité de Defensa da República que encabezaba o alcalde, e correlixionario seu, Guillermo Vicente de SanBanquete homenaxe a Darío Álvarez Limeses polas súas xestións tiago. Tras a derrota e a conpara a chegada do teléfono a Tui. Vida Gallega,15 de outubro seguinte entrada das tropas de 1910.
221 Nº 369