BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
ao Rexurdimento, posúe unha ampla obra xornalística, ensaística e literaria, pero especialmente unha egrexia personalidade de caracter galeguista na Pontevedra finisecular. O seu primeiro fillo, Xerardo Álvarez Limeses, inspector de Educación, foi poeta (e gañou, por exemplo, en 1925 co poema ?Cantando la eterna gloria del Señor? o concurso poético convocado en Tui co gallo do milenario do martirio de San Paio), escribe tanto en galego coma en castelán, autor do tomo dedicado á provincia de Pontevedra da Geografia General del Reino de Galicia, dirixida por Carreras i Candi, xornalista, impulsor de diversas sociedades de carácter cultural, fundador do Museo de Pontevedra, etc. Xerardo Álvares Limeses, terá unha decisiva influencia na formación de Xosé María Álvarez Blázquez, pois durante os seus estudos en Pontevedra residirá na súa casa e alí coñece a Alexandre Bóveda, casado cunha filla do seu tío, coa súa curmá Amalia. Darío Álvarez Limeses, pola súa banda, cursa os estudos de Medicina na Facultade de Santiago de Compostela, e licénciase no ano 1901. Ingresa posteriormente no Corpo de Médicos Titulares, tras unha dura oposición, con ?nota suprema?. No ano 1905 acada a praza de ?médico hixienista? creada polo Concello de Tui, sendo designado para ocupar tal posto, con carácter interino e cunha retribución de 500 pesetas, o 20 de decembro daquel mesmo ano. Logo será médico titular do Concello, mantendo a súa consulta privada e mesmo realizando outras funcións profesionais na alfándega tudense, durante algún período temporal.
A familia Álvarez Blázquez. Tomada da páxina web de Celso Alvarez Cáccamo, http://www.udc.es/dep/lx/cac
Nº 369
220