BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
medida levouno a elaborala importante estatística das capturas de atúns41 xa comentada, e por outra, a preocupación permanente que sempre manifestou pola promoción das clases humildes, como foron os pescadores da ría de Pontevedra, moi en particular, e os galegos, máis en xeral, animouno na procura de solucións para os seus problemas. Todo iso, unido á súa falta de prexuízos e á liberdade de pensamento, levouno á formulación destas ideas conservacionistas que contradicían, e moito, as dos seus queridos e admirados Feixoo e Kircher. Consideración final Sarmiento foi un precursor, cunha acertada e realista visión sobre o esgotamento dos recursos pesqueiros, polo que se considera como o primeiro conservacionista español. E mesmo hoxe diriamos que foi un adiantado do desenvolvemento sostible. Nesta problemática conservacionista é, posiblemente, onde aparece máis evidente a falla de prexuízos e a liberdade de pensamento da súa rexa personalidade. Innovador nestes temas e mesmo con opinións totalmente opostas ás dos seus irmáns de relixión, afervoados crentes dun mundo perfecto, soubo encarar con acerto o problema e atinar no diagnóstico da degradación dos recursos naturais en España. Remátase cunha pregunta que tenta ser un resumo de todo o dito: ¿Que papel xogou Sarmiento no pensamento biolóxico da época? Sen dúbida que non foi un botánico como Celestino Mutis, que herborizou e publicou a flora de Nueva Granada, ou nin sequera un creador de institucións de prestixio como Quer, director e reformador do Real Jardín Botánico. Sen embargo, si que foi unha peza indiscutible e fundamental na transmisión deses saberes a unha sociedade na que a nobreza e, sobre todo, unha alta burguesía emerxente, amosaba un renovado interese polas formas en que a técnica e a ciencia lle estaban a presentala realidade. Certo é que os seus traballos de observacións botánicas (sobre todo etnobotánicas) nas viaxes a Galicia son salientables cientificamente e representan o primeiro estudio sistemático que se realizou sobre a vexetación do país. Pero, de moita maior transcendencia, foi o seu papel de referente social en España, dunha ciencia empeñada en facer útiles e aproveitables as cousas da natureza. E, nunha época e nun país onde a ciencia e a técnica estaban a elaboralas súas cartas de presentación en sociedade, non foi pequena cousa.
NOTAS
1. FILGUEIRA, X. ?Fray Martín Sarmiento (16951777)?. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1994.
Nº 363
2. 3.
60
LOPEZ PELAEZ, A. (1898) Un fraile escritor de medicina. Revista Contemporánea, 352: 121136 PENSADO